jueves, 29 de octubre de 2009


¡¡ E CHEGOU O SAMAÍN ¡¡

O vindeiro 31 de outubro celébrase o Samaín en moitas parroquias e vilas galegas, e por suposto no noso cole queremos salientar esta data cunha actividade de lectura na biblioteca o venres 30. Durante o recreo contaremos unha historia terrorífica de pantasmas e espíritos, unha historia só apta para maiores de 7 anos e para todos os que disfrutan escoitando e sentindo de preto calafríos, temblores e demais sensacións medorentas. Leremos un relato do libro "El gran libro del miedo" de Xavier Valls, editorial Parramón.




Ímosvos deixar unhos enlaces onde atoparedes actividades para facer polo Samaín:

Facer galletas
Facer puzles

Añadir imagenCrea a túa propia cabaza




Recortar un esqueleto
Colorear debuxos






lunes, 26 de octubre de 2009

AS NOSAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este martes 27 empeza a viaxe das nosas mochila viaxeiras. Sairán todos os martes de clase cara o fogar dun nen@. Elas vanvos dar bos momentos de lectura e a cambio só piden una recordo na libreta viaxeira que levan dentro. Sabemos que ides facer debuxos estupendos e contar o que vos pareceron os libros.

XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2009



jueves, 22 de octubre de 2009

miércoles, 7 de octubre de 2009


O día 1 de outubro a biblioteca do colexio abriu as súas portas. Xa podedes vir nos recreos, de 11:45 a 12:00, a coller libros en préstamos para levar a casa. Estreamos novos libros para todas as idades. Esperámosvos a todos.