miércoles, 27 de enero de 2010

ENGANCHADOS Á LECTURA

Tamén hai moito humor na lectura e nos libros. Aquí tedes un exemplo:

jueves, 21 de enero de 2010

O CEO POLA NOITE

Do 13 ao 21 de xaneiro fixemos na entrada do edificio administrativo unha exposición dos traballos feitos o ano pasado pol@s nen@s do colexio co gallo do ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMIA. Todos pasamos por alí a velos e gustáronnos moitísimo.


Do blog da biblioteca do c.e.i.p Frián Teis, O lar de frianciño, vos deixamos a maquetación que fixeron co Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U. e a tradución da compañeira de PLAMBE, Adelia Troncoso. Vendo esto debemos de reflexionar todos.

lunes, 18 de enero de 2010

DÍA DA PAZ 2010. 30 DE XANEIRO.

Libros que vos recomendamos:

Me llamo Paz
El señor guerra y la señora Paz
El enemigo
Rugidos y orejas.
Uno y siete
Elmer e os hipopótamos
A galiña da Paz
LIBROS - ME LLAMO PAZLIBROS - EL SEÑOR GUERRA Y LA SEÑORA PAZA Galiña da Paz

Tamén vos deixamos un enlace a recursos do día da paz.

martes, 12 de enero de 2010

QUE LLE PASABA A MACARIO...¡¡¡

Xa temos algunhas das respostas que escribístedes sobre a tristura de MACARIO . Algunhas son moi ocurrentes, ¿non si?. Aí van:

Macario é un dromedario e está triste porque porque está enfermiño e non pode sair a xogar. Alberto 2º
Macario é un dromedario e está triste porque está só e non ten amigos. Ana G. 2º
Macario é un camelo e está triste porque lle cargan moito. Diego 2º
Macario é un camelo e está triste porque perdeu un colar. Quique 2º
Macario é un burro e está triste porque a noiva deixouno. Lea 2º
Macario é o primo da llama e está triste porque ten o pescozo alto. Alex 2


Ninguén o quere e non ten auga nin comida, que ao final é o máis improtante no deserto. Cristina 3º
Porque se perdeu no deserto. Nerea 3º
Macario está triste porque é diferente aos outros dromedarios, por iso non o queren e ocorrerá que non ten amigos. Mar 3º
Non ten amigos, non ten auga, non ten comida e por iso séntese só e non ten familia. Guillermo 3º
Porque perdou todos os libros e non pode durmir. Só ten un libro e xa o leu. Tampouco ten xoguetes e tampouco ten familia para que o cuide ata que sexa maior. Irene 3º
Porque quere ser un reno como os que van con Papá Noel. Laura Mi. 4º
Macario está triste porque ten unha xoroba moi baixa e pequena e todos os demais rinse del. Sara L. 4º
Creo que está triste porque non lle poden dar ningún regalo por navidade. Yanira. 4º
Eu creo que está triste porque é un camello e non lle sae a xiba. Iván A. 4º
Como non encontraba auga e tiña moita sede, empezou a chorar. Antía Al. 4º
Porque é Nadal e a el non lle dan nada porque está moi lonxe da casa de Papá Noel. Miguel F. 4º
É un camelo. Eu penso que ten unha pouca de gripe e non pode repartir os regalos cos reis magos. Ainhoa 4º