sábado, 30 de abril de 2011

SEMANA DO LIBRO

Este ano  celebramos  a SEMANA DO LIBRO,  os días 26, 27 e 28 de Abril, realizando nas aulas diferentes actividades. O día 26 estivemos traballando o lema "un poema e unha flor", realizando marcapáxinas nas aulas ao tempo que diseñamos uns carteis de   9 m. de longo cun poema  emotivo titulado PALABRAS de Pepe Cáccamo e unha flor. Descolgamos estes murais dende as ventás da biblioteca e permaneceron alí  pendurados durante 3 días. Nas aulas elaboráronse poemas con esta idea: nunha cara un poema e na outra unha flor...Poemas de diferentes autores galegos (Antonio G. T., Paula Carballeira, Yolanda Castaño, X. María Álvarez.....), seleccionados dende a biblioteca e nas titorías.
Aquí  podedes ver  estes murais:











O xoves saímos ao patio para LER....sentadiños na herba dos  xardíns. A actividade titúlase PADRIÑOS LECTORES. Así todos, grandes e pequenos, profesorado tamén,  saímos a ler ao patio, tendo cada padriño ou madriña lectores 2 ou 3 afillados aos que ler un conto. Pasárono moi ben.......e sobre todo, divertíronse lendo ou escoitando!!!! Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º leron  aos alumnos de 2º, 1º e E. Infantil.
Pódovos asegurar que estaban realmente concentrados!. Aquí tedes unha mostra....

viernes, 29 de abril de 2011

LETRAS GALEGAS.....LOIS PEREIRO

Próximamente celebramos as Letras Galegas no noso cole e en toda Galicia.  
Aquí tedes unha estupenda actividade LIM,  realizada pola profesora de 3º B,   Mª Esther R.,
que nos mostra a vida e obras de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano.
QUE  VOS  DIVIRTADES !!!!!

lunes, 18 de abril de 2011

Sesión de CONTOS na BIBLIOTECA

O pasado 11  de  abril contamos coa visita dunha   lectora Contacontos da editorial  Edelvives, que  leu e representou varios contos para os nenos de 3º e 4º de Primaria. Un dos libros lidos titúlase: "os mil brancos dos esquimós" .Pódovos asegurar que lles encantou. Aquí tedes unha mostra.....





jueves, 7 de abril de 2011

CUENTOS SILENCIOSOS de Benjamin Lacombe

O pasado 4 de novembro saía á venda de forma simultánea en Francia, Italia e España Il était une fois... (CUENTOS SILENCIOSOS), do ilustrador Benjamín Lacombe, unha obra orixinal que recrea os contos clásicos ao seu xeito e en modo pop-up.





"Oito contos clásicos, nunha dobre páxina, cun mecanismo enxeñoso, nun libro magnífico, que asocia a técnica co talento artístico. Nel encontraremos os personaxes dos contos máis coñecidos: Alicia, Pinocho, a Bela Dormente, Barba Azul, Peter Pan, Caperucita Roja, Madame Butterfly e Pulgarcita; postos en escena por Benjamin Lacombe e en relevo por José Pons. Ao final do libro, Jean Perrot, grande especialista en contos e ilustración infantil, daranos a súa visión da obra", en palabras do editor.

Benjamin Lacombe, é un estupendo ilustrador francés nacido en Paris, ten 27 anos e traballa principalmente para libros infantís e cómics.

Estudou artes plásticas. Mentres estudaba, fixo algúns traballos en estudos de animación e comezou como un artista de publicidade.
       Hoxe mostramos este fabuloso libro aos nenos de Primaria, na Biblioteca e quedaron ...........abraiados!!!!

Aquí tedes o vídeo promocional do libro e o enlace á páxina web do ilustrador.