viernes, 25 de octubre de 2013

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


    Onte foi o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, razón pola que vos deixamos dous interesantes vídeos.  O primeiro, para reflexionar... e o segundo, para rir. Esperamos que vos gusten.




miércoles, 23 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR



    Como cada ano, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica un novo cartel divulgativo para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 

    O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. 


    Xa temos varias mostras do novo cartel ilustrado por Patricia Castelao, e en breve poderes disfrutar na nosa biblioteca dunha exposición de libros relacionados coa ciencia.

jueves, 3 de octubre de 2013

miércoles, 2 de octubre de 2013

QUERES SER AXUDANTE DE BIBLIOTECA?


Xa sabedes, rapaces e rapazas, se estades interesados en formar parte do Equipo de Biblioteca ANOTÁDEVOS!!!

Unha aperta

martes, 1 de octubre de 2013

BENVIDA AO NOVO CURSO 2013/2014




Ola nenos e nenas!

   Tras un longo curso sen actualizacións no noso blogue, o Moucho está preparado para regresar aos andeis da biblioteca e iniciar unha nova andaina.

   Esperamos contar coa vosa participación e colaboración. Temos preparadas algunhas novidades e moitas sorpresas para este curso.


Unha aperta