martes, 31 de mayo de 2016

Charla sobre Cervantes

O pasado luns 30 de maio,  tivo lugar unha actividade de animación á lectura sobre  a obra de Miguel de Cervantes El Ingenioso Hidalgo don Quijote de la Mancha.
Carlos Addesso, pai de Andros (3º de Primaria) e de Shamina (5º de Primaria), nacido en Uruguay e criado en Italia, prestouse xenerosamente a dar unha charla ós alumnos sobre a visión que pode ter unha persoa que non é deste país sobre a importante obra literaria de Miguel de Cervantes, do que estamos a celebrar o cuarto centenario do seu pasamento.
Carlos veu moi preparado e durante unha hora estivo a falar, ante un nutrido auditorio formado por todo o alumnado de Primaria dende 3º a 6º, do tempo que lle tocou vivir a Miguel de Cervantes, dalgúns feitos importantes da súa vida e, por suposto, de Don Quijote. Con amenidade e gran simpatía relatou a nenos e nenas diversas pasaxes interesantes do libro de Don Quijote, espertando en mais dun as gañas de lelo.  Tamén engadiu ás súas conclusións persoais a medida que percorría as pasaxes da obra, e fixo notar ás nenas e nenos que moitas das situacións e ideas que aparecen na obra tamén son aplicables no tempo actual.

miércoles, 25 de mayo de 2016

Recanto sobre Cervantes

Pouco a pouco o pequeno proxecto sobre Cervantes vai tomando forma, o Moucho atopou un lugar moi especial dentro da Biblioteca para crear un Recuncho con moitas obras e datos sobre este autor tan relevante 



Ademáis aiquí vos deixamos algún link sobre Don Quijote para poder xogar e aprender ao mesmo tempo





martes, 24 de mayo de 2016

Proxecto Documental 2015-16

Durante este curso escolar os alumn@s do Ceip Coutada Beade traballaron sobre "Os Inventos".
 Aiquí vos deixamos algunhas das cousas que fixemos