jueves, 30 de marzo de 2017

Día da Poesía



O 21 de marzo celébrase  O Día da Poesía. Este ano conmemorouse tamén os 100 anos do nacemento de Gloria Fuertes.
Para dar a coñecer mellor a esta poetisa e loitadora pola igualdade da muller, organizamos varias actividades para cada nivel.
En E. Infantil completaron  poemas con pictogramas e tamén elaboraron un debuxo en grupo a partir do poema “Como se dibuja a un niño” e “ El cocinero distraído”.






En E. Primaria, unha das actividades que fixeron foron “A Chuvia de Poemas”: Levaron a casa unha pinga de auga para que escribiran uns versos de forma libre e a decoraran se querían. E pódese dicir que hai moito artista no centro.
Tamén investigaron sobre Gloria Fuertes para completar unha pequena ficha e colorear a imaxe da poetisa de forma que poideramos compoñer un cartel ao estilo pop-art como Andy Warhol.

Como non! Preparamos na biblioteca unha mesa con libros de poesía, entre eles, da nomeada Gloria Fuertes.