lunes, 27 de noviembre de 2017

ANTE A VIOLENCIA, TOLERANCIA CERO

25 NOVEMBRO- CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No CEIP Coutada beade conmemoramos o día contra a violencia de xénero, fixémolo o venres 24 con diversas actividades nas que participaron todo o alumnado e profesorado do centro.



Baixo o eslogan, ANTE O MALTRATO, TOLERANCIA CERO,levamos a cabo CEIP Coutada Beade unha serie de actividades destinadas a conmemorar o día mundial contra a violencia de xénero.
Con ela pretendemos tratar de concienciar aínda máis ao noso alumnado da necesidade dunha Educación en igualdade facendo especial fincapé na erradicación de actitudes sexistas que poidan traer consecuencias. Tamén queremos incidir dende o equipo de biblioteca no apoio que debe darse en todo momento, o respecto e a solidariedade entre ambos sexos para potenciar unha educación en valores que contribúa á formación integral do alumno como persoa e axude á construción dun mundo máis xusto e igualitario.

Preparamos unha mesa con novidades relacionadas co tema que estamos a tratar, que lles resultou moi atractivas tanto para nen@s como para mestr@s.
Decoramos todo o centro con globos lilas nos que cada alumno/a escribiu unha mensaxe relacionada con este día:


Ademais o día 24 saimos todos o patio e conmemoramos este día , 1º fixemos lectura dun manifiesto en contra deste tipo de violencia, aí vos vai:



"Un ano máis volvemos reunirnos os mestras e mestras, alumnos e alumnas do CEIP Coutada Beade co fin de  levantar as nosas voces para condenar a violencia, e para gritar que os homes e mulleres teñen os mesmos dereitos, que ninguén pode maltratar a ninguén, e que todos somos responsables e podemos loitar para que esa lacra desapareza.
Queremos manifestar o noso compromiso de traballar para previr a violencia contra a muller e combater calquera outro tipo de violencia verbal, física,ameazas, insultos, menosprezos…
Nos comprometemos a combater a linguaxe sexista e a degradación das mulleres así como non ser cómplices pasivos, aprenderemos a expresar as emocións de forma adecuada, evitando os insultos, as agresións, os gritos…
Queremos que todas as persoas, homes e mulleres, se relacionen con respecto e solidaridade, utilizando a cooperación e o diálogo.
Esperamos que nun futuro próximo non sexa necesario manifestarnos este día.
POR ISO TODOS OS DÍAS DO ANO, PERO ESPECIALMENTE HOXE DICIMOS ALTO E CLARO QUE CONTRA O MALTRATO TOLERENCIA CERO."


 E despois de ler o manifisto cantamos a canción de ENDER "ya no" que o alumnado estivo ensaiando durante días:





E sen esquecernos do panael informativo que elaboramos para concienciar ao noso alumnado:


 

lunes, 13 de noviembre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Bo día amiguiños!!!
O martes día 14 de Novembro non esquezades levar a vosa mochila viaxeira!"

Dentro do noso proxecto lector integramos a mochila viaxeira, unha estratexia de desenvolvemento e fomento da lectura, adaptada aos nosos tempos.

O seu obxectivo é fomentar e desenvolver o hábito lector en toda a familia e que este sexa un motivo de unión e achegamento entre os seus membros.

A mochila funcionará como préstamo bibliotecario dunha semana. Un martes o seu fillo a levará para casa, a compartirá coa familia e a devolverá ao luns seguinte.

É importante que a familia pase un bo anaco e que se coide o material que contén.

Este ano como novidade temos que todas as mochilas contan cu libro relacionado co tema que estamos a traballar no colexio”O MAR”.

Vos agradeceríamos que devolvésedes a mochila o próximo luns para que así a podamos facer chegar a outra familia.

Gustaríanos que antes de facelo, escribísedes unas liñas na libreta, nas que expresedes se vos gustou a idea, que outros materiais poñeriades dentro, un debuxo dos vosos fillos…

Contamos coa vosa colaboración e recomedamos que teñades na casa unha biblioteca axeitada aos intereses e ás idades dos nenos/as.

              “Los libros son amigos   que nunca decepcionan”

                                                  Thomas Carlyle

                                                                                                     

 ALUMNADO DE 3 ANOS
INFANTIL 4 ANOS
INFANTIL 5 ANOS
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA

6º EDUCACIÓN PRIMARIA
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!
ATA A PRÓXIMA

viernes, 10 de noviembre de 2017

VISITA A BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS



VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA XOSÉ NEIRA VILAS
O alumnado de 3º de primaria fomos de visita a biblioteca pública Xosé Neira Vilas, unha visita moi recomendada para todos os escolares:
“A liberdade, a prosperidade e o desenvolvemento da sociedade e dos individuos son valores humanos fundamentais. Estes só poderán alcanzarse mediante a capacidade de persoas ben informadas para exerceren os seus dereitos democráticos e desempeñaren un papel activo na sociedade. A participación construtiva e a consolidación da democracia dependen tanto dunha educación satisfactoria como dun acceso libre e sen límites ao coñecemento, ao pensamento, á cultura e á información. A biblioteca pública, porta local cara ao coñecemento, constitúe un requisito básico para a aprendizaxe ao longo dos anos, para a toma independente de decisións e o progreso cultural do individuo e dos grupos sociais.”







Primeiro unas nocións básicas do que nos atopamos dentro da biblioteca:










Despois unha chea de contos relacionados cos bosques, contos de consulta e contos de literatura:
Ademais de ensinarnos follas de árbores propias de Galicia e froitos dos nosos bosques( landras, bugallas.)
                                                              






Chegou a hora do conto! A nosa guía fixo a lectura dun conto moi bonito: “A árbore xenerosa”
                                                 


















  Logo os nenos fixeron pequenas lecturas de historias moi curtas e de poemas:
                                                            










E xa… para rematar un xogo moi entretido!! O tutufruti en relación os nosos bosques!
                                                             

                
                                        





Encantounos a visita!
Esperamos repetir!