jueves, 31 de mayo de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Onte tivemos unha segunda sesión de contos en familia na biblioteca do CEIP Coutada- Beade: " UN MÁIS", unha iniciativa que está sendo moi ben acollida na Comunidade Educativa do centro.






Despois do conto levamos a cabo un pequeno taller con pinturas acuarelables, encantounos a idea!






























Tanto o equipo de biblioteca como o equipo directivo do centro quere agradecer enormente a colaboración desta mamá.
Parabéns polo traballo!

lunes, 21 de mayo de 2018

PROXECTO DOCUMENTAL " O MAR"

O MAR
Durante este curso nos centramos na temática do mar, e neste terceiro trimestre pedimos a colaboración das familias para a realización de traballiños relacionados con este tema.
Queremos agradecer a colaboración das familias, é moi importante a implicación destas na vida educativa do centro.
Moitas grazas a tod@s! Aquí tendes unha mostra!
SODES UNS ARTISTAS!
PARABÉNS!













miércoles, 16 de mayo de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

LETRAS GALEGAS 2018
MARÍA VICTORIA MORENO

- Todos os 17 de maio celébrase o Día das letras galegas. Sabes por qué? 
- Pois... porque ese día Rosalía de castro publicou, en Vigo un dos seus libros máis importantes: CANTARES GALLEGOS
- E hai moito tempo?
- Dende 1863, hai máis de 150 anos.
- E celébrase dende 1963 sendo a primeira homenaxeada...ROSALÍA DE CASTRO.
- E que outras escritoras ou escritores se lle adicou?
- Curros Enriquez, Eduardo Pondal, Castelao...
- E que ten que cumplir unha escritora ou escritor para que se lle adique o Día das Letras Galegas?
- En primeiro lugar, que teña toda ou parte da súa obra en lingua galega; e que leve, polo menos, dez anos morto.
-E por todo isto...
- FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
- HAPPY GALICIAN LITERATURE DAY!
- BONNE JORNÉE DES LETRES GALICIENES!
- ¡ FELIZ DÍA DE LAS LETRAS GALLEGAS!
- FELIC DIA DE LES LLETRES GALLEGUES!
- FELICE GIORNO DELLE LETTERE GALLIZIANE!
- LETRA GALIZIARRETAKO EGUN ZORIONTSUA! 

Dende a biblioteca O Moucho queremos traballar a homenaxeada desde 2018, MARÍA VICTORIA MORENO, para isto preparamos unha mesa con exemplares da autora para traballar tanto nas aulas como a nivel individual.
 
 - MAR ADIANTE
- LEONARDO E OS FONTANEIROS
- ¿ E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS?
- A FESTA NO FAIADO
- BIOGRAFÍAS DAS AUTORA 

 Ademáis os alumnos e alumnas de 3º fixeron un mural sobre a autora, aquí temos a mostra:






martes, 15 de mayo de 2018

DÍA DAS FAMILIAS

DÍA DAS FAMILIAS
15 DE MAIO
Dende a biblioteca do CEIP Coutada- Beade queremos festexar o "Día das familias", queremos transmitir a importancia do núcleo máis importante da nosa sociedade: A FAMILIA.
 Sabemos que hoxe en día os núcleos familiares son moi variados, aínda así, igual de importantes e igual de válidos. Isto é o que queremos transmitir aos nosos rapaces, que valoren o que teñen, que entendan que a súa familia pode ser diferente, pero que o importante é O AMOR que sentimos. 

 Temos unha mesa expositora na biblioteca, cun feixe de libros de nova adquisisión relacionados coas familias; distintos tipos de familias(monoparentais...), separación dos pais, importancia dos avós...