jueves, 4 de abril de 2019

A PAZ
Resultado de imagen de DIA DA PAZ

DENDE 1964, PARA CONMEMORAR A MORTE DE GHANDI, CELÉBRASE O 30 DE XANEIRO O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. NESTA DATA LÉMBRASE A NECESIDADE DA EDUCACIÓN PARA A TOLERANCIA, A SOLIDARIEDADE, O RESPECTO AOS DEREITOS HUMANOS, A NON VIOLENCIA E A PAZ.

Dende a biblioteca " O Moucho" do noso centro educativo, tendo en conta que o tema central este ano son OS BOSQUES pois... chegan moitas mensaxes de PAZ.





MESA TEMÁTICA SOBRE A PAZ

 CONTA -CONTOS  " LOS NIÑOS NO QUIEREN LA GUERRA"
















MANIFIESTO LIDO POLO ALUMNADO DE CENTRO



REUNÍMONOS E CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ CANTANDO E BAILANDO A CANCIÓN
 " MADRE TIERRA"


lunes, 1 de abril de 2019


VISITA DE MARÍA CANOSA
 
María Canosa Blanco, nada en Cee o 20 de agosto de 1978, é unha enxeñeira de camiños, canais e portos, máis coñecida pola súa participación como xurado en programas concurso da Televisión de Galicia e como escritora de literatura infantil e xuvenil.
 
 
Filla da escritora Concha Blanco, trasladouse á Coruña desde a súa vila natal para os seus estudos universitarios. Titulouse como Enxeñeira de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña, traballou de enxeñeira e foi a Directora de Proxectos no Centro de Coñecemento da Costa da Morte.
Segue compaxinando a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.
 
 
Colabora como articulista en La Voz de Galicia, e foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e Radio Voz. Ocupou o posto de "experta" en letras no concurso Cifras e letras da TVG desde setembro do 2011 ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituído polo concurso Verbas van, en que tamén ocupou o posto de experta. Agora mantén esta actividade no programa Coma un allo. Recibiu distintos premios literarios, entre os que destacan o Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, pola obra Muriel.

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Coutada Beade lemos un conto de María Canosa " O QUE NUNCA CHE CONTARON" e tivemos a sorte de contar con ela para facernos una visita e falarnos da súa obra.




















AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN
 
" O COCIÑEIRO MARTIÑO"
 
 
Este curso seguimos coas sesión de contos polas tardes na biblioteca do centro. Grazas a colaboración de todas as familias do centro.
Arrancamos a andaina coa lectura do cociñeiro Martiño, e despois fixemos un taller!!!!Mirade que ben o pasamos!!!
 










E aquí un video do conto...chulísimo!!


 
SEMANA DA DISCAPACIDADE
 
Desde a biblioteca " O Moucho" traballamos a discapacidade, preparamos una mesa expositora sobre libros relacionados con este tema, ademáis @s nos@s nen@s participaron activamente na decoración. Aquí tedes a mostra!
 







Tamén proxectamos un curto "CUERDAS" que animamos a tod@s que o vexades... non ten desperdicio!








 
Deixámosvos aquí o curto para que o disfrutedes!