martes, 22 de diciembre de 2020

Proposta para o Nadal

 Estimadas familias,

O Equipo de Biblioteca proponvos unha nova actividade familiar para estas festas. Consiste en que gravedes ao voso/a fillo/a recitando un trabalinguas. Podedes gravalo co teléfono e despois enviar o arquivo de audio á dirección de correo da biblioteca: bibliobeade@gmail.com.

Pouco a pouco subiremos aquí as vosas aportacións         

Animádevos familias,

Grazas por colaborar!!!


 

sábado, 5 de diciembre de 2020

INCLÚE-T: interesantes curtas sobre diversidade funcional

Nunha das charlas que mantivemos esta semana na biblioteca foron moitos os nenos e nenas que recordaron unha das curtas que se proxectaron na biblio xa hai tempo. Trátase da curtametraxe "Cuerdas", que parece ser que é un dos vosos favoritos. Aquí volo deixamos de novo, xunto con outas curtas que agardamos vos gusten tanto como "Cuerdas".

Saúdos
 

 
 
 



viernes, 4 de diciembre de 2020

INCLÚE-T na nosa Biblio: pola redución das desigualdades

O 3 de decembro é o Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, ou como nós preferimos denominalo: “Día da Diversidade Funcional”, porque con discapacidade ou sen ela, todos somos capaces, todos temos habilidades diferentes e todos temos moito que aportar aos demais.

   O noso centro promove unha actitude inclusiva, igualitaria, normalizadota, respectuosa e visibilizadora da diversidade. A nosa biblioteca, pouco a pouco, avanza hacia un modelo inclusivo de biblioteca.

Esta semana fixemos varias actividades na biblioteca. Este espazo non sería o mesmo sen a vosa presencia e participación.

 







Estade ben atentos… agardannos moitas novidades este curso!!!

 

A nosa biblioteca está a favor da redución das desigualdades,  

un dos obxectivos da Axenda 2030


 

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

  No ano 1999 a ONU estableceu oficialmente o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller co obxectivo de denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres e as nenas en todo o mundo.

   Ogallá non fose necesario adicar un día do ano á erradicación da violencia machista, que a día de hoxe aínda continúa enraizada na nosa sociedade (xa sexa nas relacións sociais, na publicidade ou en diversos produtos audiovisuais). Nós rexeitamos non só a violencia machista, senón calquera tipo de violencia.


Neste sentido, as bibliotecas escolares son espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia e para a erradicación de determinadas crenzas e estereotipos de xénero. Por esta razón, e nun día como este, queremos recomendar á autora Adela Turín.

Xa hai máis de 40 anos esta escritora creou a colección “Dalla parte delle bambine” co obxectivo de combater a discriminación de xénero no eido da familia patriarcal. Títulos como Arturo e Clementina, Rosa Caramelo, A historia dos bonobos con lentes e Unha feliz catástrofe son títulos desta colección, e podemos encontralos en galego grazas a editorial Kalandraka.

 

 Non debemos esquecer que as actitudes sexistas e os comportamentos agresivos ou violentos son condutas aprendidas, e a nosa misión como educadores é a de fomentar valores positivos de igualdade, respeto e convivencia.

 


domingo, 22 de noviembre de 2020

Novo proxecto documental... cal será o tema?

   Continuamos co MES DA CIENCIA EN GALEGO na nosa biblioteca. Seguro que moitos xa traballastes nas vosas aulas co fermoso texto de Xurxo Mariño que vos deixamos hai días.

Do texto de Xurxo seleccionamos todas as palabras que estaban relacionadas coa ciencia e elaboramos esta nube de palabras. Prestade atención...

    Como ben sabedes, todos os cursos o noso centro traballa ao redor dun tema común proposto desde o Equipo de Biblioteca. A nube de palabras que vos deixamos é unha pista sobre a temática seleccionada para este curso. Botádelle unha ollada a todas as palabras e intentade adiviñar o tema. Que vos suxiren esas palabras?

 Premede na seguinte imaxe e cubride o formulario para intentar adiviñar cal é o tema do noso proxecto anual

Agardamos as vosas respostas 😄



Necesitades máis pistas?... 

pois estade ben atentos ao blogue


viernes, 20 de noviembre de 2020

Máis recursos para o MES da CIENCIA en GALEGO

  Premendo na seguinte imaxe poderedes acceder ao noso Pinterest sobre CIENCIA EN GALEGO... Non esquezades pasar pola biblioteca para ver os nosos fondos relacionados coa temática.

 


 

domingo, 15 de noviembre de 2020

NOVEMBRO: Mes da Ciencia en Galego

     Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

   Este ano é Xurxo Mariño, investigador e divulgador científico, o encargado de escribir un manifesto a favor da divulgación da ciencia en galego. Un texto no que se define á ciencia como "unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo" e salienta, ademais, que este mes de novembro é "unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

   Podedes ler o manifesto completo premendo na seguinte imaxe: 



jueves, 12 de noviembre de 2020

E ti, de que libraría vés sendo?

 O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías.

Este ano, máis que nunca, é o momento de reivindicar as librarías da nosa contorna. Eses pequenos espazos, sempre acolledores, son refuxios culturais imprescindibles na formación integral de cada persoa; son a porta de entrada a outros mundos.

Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares convídannos a visibilizar a súa presenza baixo o lema E ti, de que libraría vés sendo? 

A nosa biblioteca recoméndavos unha libraría ubicada nunha das zonas con máis encanto da nosa cidade, o Casco Vello de Vigo. Falamos, por suposto, de LIBROS PARA SOÑAR; un espazo máxico especializado en literatura infantil e xuvenil.

Precisamente mañá, 13 de novembro – Día das Librarías- LIBROS PARA SOÑAR retoma as súas actividades de animación á lectura, dedicadas especialmente aos máis cativos da casa.  A través das súas canles en Facebook e Instagram ofrecerán, a partir das 18:00 horas, unha sesión de contacontos e música para nenos e nenas a partir de 6 anos.

Estade moi atentos a súa páxina web porque teñen preparadas interesantes propostas ao longo de novembro e decembro. Premede na imaxe para acceder a súa web.



sábado, 24 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas Escolares

     Que mellor día para retomar este blogue que hoxe 24 de outubro, o Día das Bibliotecas. Este singular día celébrase dende 1997, impulsado pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. 

    A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura impulsa esta celebración baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' e “céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir na actualidade.


 Estade ben atentos nenos e nenas... porque este curso agárdannos moitas 

NOVIDADES...

BENVIDOS A VOSA BIBLIOTECA!