Ola a todos,
Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballaron o pensamento computacional a través dun obradoiro co Bee-Bot.
Premede na fotografía para ver todas as imaxes.
Ola a todos,
Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballaron o pensamento computacional a través dun obradoiro co Bee-Bot.
Premede na fotografía para ver todas as imaxes.
Ola a todos,
O novo recanto da biblio, RecreArte, foi todo un éxito nesta semana chuviosa. Nenos e nenas aproveitaron este novo espazo para crear cos distintos materiais que lles ofrecimos. Outra forma de pasar o tempo de lecer.
Este venres 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Por esta razón, teremos durante toda a semana unha pequena exposición de libros sobre esta temática. Historias de mulleres pioneiras, científicas, escritoras, rebeldes, etc.
Ola a todos,
Este venres tivemos a primeira reunión do Club de Xogos de Mesa, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º. Comezamos escollendo xogos, lendo as instrucións e compartindo un momento divertido.
Todos os venres estaremos na biblioteca.
Ola a todos,
Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de EP participaron nun obradoiro de escritura creativa impartido por Andrea Barreira Freije. Quedamos encantados!
Pois sí nenos e nenas, como observamos que moitos de vos pediades na biblio moitos folios para debuxar ou facer manualidades, decidimos crearvos un novo recanto. Trátase dun espazo para que as vosas creacións suban de nivel, xa que vos proporcionaremos distintos materiais para que traballedes e plasmedes a vosa creatividade. A vindeira semana xa podedes gozar do novo espazo "RecreArte".