lunes, 10 de diciembre de 2018

25 NOVEMBRO- DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 DE NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 NOVEMBRO- DÍA CONTA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis volvemos reunirnos mestres e mestras, alumnos e alumnas do CEIP Coutada Beade co fin de erguer as nosas voces para condenar a violencia sexista.

A declaración Universal dos dereitos humanos proclama que todas as persoas nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos e que toda persoa ten os dereitos e liberdades sen ningún tipo de distinción; igualmente a constitución española recolle o dereito de todos e de todas a integridade física e moral, sen que ninguén poida ser sometido a tratos inhumanos ou degradantes.

Por esta razón o CEIP Coutada Beade, comprométese a traballar por unha educación igualitaria e non sexista co seguinte manifesto:

·        Todos e todas, homes e mulleres, nenos e nenas, temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.

·        Os nosos problemas debemos resolvelos de forma dialogada.

·        O uso da violencia é inútil e so leva a máis violencia.

·        Debemos respectar e valorar as persoas sen ter en conta o seu xénero.

·        Ninguén ten dereito a agredir a unha muller, todos e todas somos iguais, e non debemos cerrar os ollos ante casos de violencia.

·        Solidarizámonos coas mulleres que sofren este tipo de maltrato, todos e todas deberíamos poñer os medios necesarios para evitar que ocorran estas desagradables accións.

Para eliminar a violencia pensamos:

·        Que o debate e o diálogo son o vehículo idóneo para sensibilizar a toda a sociedade sobre este grave problema.

·        Que a educación debe recorrer un largo camiño para formar a homes e mulleres na tolerancia e no respecto.

·        Que debemos demostrar tolerancia cero con todas aquelas condutas ou manifestacións que supoñan violencia de xénero ou de calquera tipo.

·        Que para conseguir unha ensinanza xusta e igualitaria, é necesario reforzar a formación de toda a Comunidade Educativa.

·        Que un comportamento tolerante significa comprensión, recoñecemento, consideración e respecto ante plantexamentos diferentes aos nosos.

·        Que o CEIP Coutada- Beade, será un espazo educativo de Tolerancia Cero contra todas estas situacións.

POR ISO TODOS OS DÍAS DO ANO, PERO ESPECIALMENTE HOXE DICIMOS ALTO E CLARO QUE CONTRA O MALTRATO TOLERANCIA CERO.

SE VES OU VIVES ALGUNHA DESTAS SITUACIÓNS NON MIRES PARA OUTRO LADO. TODOS SOMOS RESPONSABLESE PODEMOS LOITAR PARA QUE ESTA LACRA DESAPAREZA.






jueves, 8 de noviembre de 2018

SAMAÍN

Bo día amiguiños! Chegou a biblioteca o Moucho o Samaín cunha chea de lecturas terroríficas das que desfrutaron todos nosos alumnos e alumnas!

miércoles, 24 de octubre de 2018

A BIBLIOTECA: " O BOSQUE DAS VERBAS"

Comezamos un novo curso escolar cun tema que nos apaixona:
 OS BOSQUES!  
Aquí tendes unha mostra da decoración da nosa biblioteca escolar... que esta preciosa!







jueves, 31 de mayo de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN



AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

Onte tivemos unha segunda sesión de contos en familia na biblioteca do CEIP Coutada- Beade: " UN MÁIS", unha iniciativa que está sendo moi ben acollida na Comunidade Educativa do centro.






Despois do conto levamos a cabo un pequeno taller con pinturas acuarelables, encantounos a idea!






























Tanto o equipo de biblioteca como o equipo directivo do centro quere agradecer enormente a colaboración desta mamá.
Parabéns polo traballo!

lunes, 21 de mayo de 2018

PROXECTO DOCUMENTAL " O MAR"

O MAR
Durante este curso nos centramos na temática do mar, e neste terceiro trimestre pedimos a colaboración das familias para a realización de traballiños relacionados con este tema.
Queremos agradecer a colaboración das familias, é moi importante a implicación destas na vida educativa do centro.
Moitas grazas a tod@s! Aquí tendes unha mostra!
SODES UNS ARTISTAS!
PARABÉNS!