viernes, 23 de marzo de 2012

SEMANA DA POESÍA


    Balón poético
   Este pasado día 21 de marzo celebrouse o día Internacional da Poesía. Nós fixemos unha actividade lectora, poética e olímpica que agradou aos nenos xa que comprobaron que a lectura e o deporte son compatibles. Unha vez máis o lema deste curso é.....” Os xogos olímpicos: ler por deporte”. Algúns nenos de 5º, 1º e 6º cursos pasaron por todas as aulas (música, ximnasia, inglés, P.T., A.L., titorías, relixión) levando 3 balóns poético-olímpicos e en cadanseu balón figuraban escolmas de poesías de  renomeados poetas, (Rosalía de Castro, Pepe Cáccamo, Antonio García Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Ana Mª Fernández, Antón Tovar ....). Os nenos maiores lían para os pequenos. Lanzábase o balón a diferentes nenos, na propia aula e todos e cada un deles recitaba un deses poemas. Tamén os profes recitaron. Penso que xa están preparando o seu propio balón nas súas casas. Moitos querían realizar esta actividade todos os días.



miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

HOXE, 21 de marzo,  é o día  INTERNACIONAL da POESÍA.  En todas as bibliotecas celebramos esta ocasión  de modo especial.  Aproveitamos  esta data para ler, recitartraballar  unha escolma de  POEMAS  dos autores que  máis nos gustan....Pepe Cáccamo, Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Ana Mª Fernández,....Algúns nenos "regalaron"  poemas escritos por eles mesmos aos amigos.....Neste vídeo podedes lelos.