Ola a todos,
Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballaron o pensamento computacional a través dun obradoiro co Bee-Bot.
Premede na fotografía para ver todas as imaxes.
Ola a todos,
Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballaron o pensamento computacional a través dun obradoiro co Bee-Bot.
Premede na fotografía para ver todas as imaxes.
Ola a todos,
O novo recanto da biblio, RecreArte, foi todo un éxito nesta semana chuviosa. Nenos e nenas aproveitaron este novo espazo para crear cos distintos materiais que lles ofrecimos. Outra forma de pasar o tempo de lecer.
Este venres 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Por esta razón, teremos durante toda a semana unha pequena exposición de libros sobre esta temática. Historias de mulleres pioneiras, científicas, escritoras, rebeldes, etc.
Ola a todos,
Este venres tivemos a primeira reunión do Club de Xogos de Mesa, formado por alumnado de 4º, 5º e 6º. Comezamos escollendo xogos, lendo as instrucións e compartindo un momento divertido.
Todos os venres estaremos na biblioteca.