martes, 24 de abril de 2012

Semana do libro


APADRIÑAMENTO LECTOR

    Durante esta semana realizamos diversas actividades para conmemorar o día do libro. Onte realizamos a actividade "Apadriñamento lector".
    O ano pasado leramos nos xardíns do colexio, pero... por mor da chuvia, nesta ocasión, repartímonos entre o ximnasio e a aula sicomotricidade-música. Seleccionamos dende a biblioteca un lote de 300 libros aproximadamente para seren lidos durante 30 minutos. Os alumnos de 3º a 6º foron as aulas a recoller aos seus afillados. Unha vez situados nas aulas correspondentes, todos, nenos e profes comezamos a ler.

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 23 DE ABRIL DO 2012


    Hoxe, 23 de abril, celebramos un día importante para todos os lectores, todas as bibliotecas do mundo e todas as librarías que nos ofrecen as súas maravillosas lecturas  -para tódalas idades e gustos literarios-.  No cole, dende a biblioteca “O Moucho” presentámosvos  un amplo calendario de actividades a realizar. Sabemos que asistiredes, como en anos anteriores, cos vosos mestres e.sobre todo, pasarémolo moi ben lendo!. Baixo este cartel tedes un fermoso VÍDEO, ...NON O PERDADES!!!!



   Este vídeo titulado “Los FANTÁSTICOS libros voladores”  de Mister Morris Lessmore foi premiado cun “óscar”, -na edición dos "OSCAR"- ao mellor corto de animación este ano 2012. Non perdades detalle porque... paga a pena!!

miércoles, 18 de abril de 2012

SEMANA DO LIBRO

O escritor e ilustrador Manuel Uhía veu a presentarnos o seu libro “O autobús da selva" da editorial Edelvives á nosa biblioteca.. Asistiron os alumnos de 2o A e B que previamente leran o libro cos seus titores. Mestres e nenos quedaron encantados coa presentación do autor, o cal se mostra nestas fotos.