viernes, 24 de marzo de 2023

Lectura e familias, primeiras propostas

 Bo día,

   Xa temos organizadas as primeiras charlas-obradoiro dirixidas ao alumnado e familias. Esperamos que sexan do voso interese e que vos animedes a participar. Recibiredes a folla para a inscrición en función das idades dos vosos fillos e fillas, xa que cada actividade adáptase mellor a unha determinada idade.

  


Pouco a pouco iremos actualizando o calendario de Lectura e Familias con todas as vosas propostas. Manterémosvos  informados, tanto dende este blog como no que elaboramos específicamente para vós, as familias: https://bibliobeadefamilias.blogspot.com/

 

 

miércoles, 22 de marzo de 2023

Semana do Cómic e do TBO

       A semana pasada conmemoramos a Semana do Cómic e do Tebeo, e o fixemos con dúas exposicións: todas as novidades en cómic, banda deseñada e novela gráfica; así como un percorrido polas principais características do cómic. Os nenos e nenas de 5º, ademais, fixeron un Kahoot con toda a información exposta.



















martes, 21 de marzo de 2023

Novo servizo de préstamo para as familias

 

Estimadas familias,

Dende a biblioteca creamos un novo servizo de préstamo para familias. No blog Lectura e familias (https://bibliobeadefamilias.blogspot.com/ ) tendes acceso ao noso catálogo, cunha breve descrición do contido de cada libro.

Para solicitar o libro podedes facelo no edificio de oficinas. Teredes 15 días para ler o libro, con posibilidade de amplialos se así o desexades. Non precisades de carné de usuario, simplemente tendes que anotarvos no caderno de préstamos. Lembrade que tamén podedes facer as vosas suxestións de compra.

Un saúdo,

Equipo de Biblioteca

 

Blog de Lectura e Familias



lunes, 6 de marzo de 2023

Creacións 3D do Entroido

 Ola nenos e nenas,

Xa está listo o vídeo con todas as vosas creacións realizadas co lápiz 3D durante este Entroido. Sodes grandes artistas!