lunes, 26 de febrero de 2024

Obradoiro de escritura creativa con Andrea Barreira Freije

 Ola a todos,

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º de EP participaron nun obradoiro de escritura creativa impartido por Andrea Barreira Freije. Quedamos encantados!





miércoles, 21 de febrero de 2024

En breve, un novo recanto na biblioteca, "RecreArte"

   Pois sí nenos e nenas, como observamos que moitos de vos pediades na biblio moitos folios para debuxar ou facer manualidades, decidimos crearvos un novo recanto. Trátase dun espazo para que as vosas creacións suban de nivel, xa que vos proporcionaremos distintos materiais para que traballedes e plasmedes a vosa creatividade. A vindeira semana xa podedes gozar do novo espazo "RecreArte".










 Agora é o voso turno. A argallar e crear!

viernes, 16 de febrero de 2024

O Club de Lectura coñece a unha nova personaxe: Nerea

 Ola nenos e nenas,

   Seguindo co tema dos ODS (proxecto anual do centro) e a banda deseñada, o noso Club de Lectura está coñecendo a Nerea, personaxe creada por Miguel Rojo, e que volve á biblio cunha nova aventura.

"Tes mensaxes no móbil pendentes de ler? Algún capítulo da túa serie favorita sen ver? Pasaches esa fase tan difícil do videoxogo de Súper Cario?... Que tal se miras o que está a acontecer ao teu redor? A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías".

 







Grazas coma sempre pola vosa participación!
 

viernes, 9 de febrero de 2024

Investigando sobre o Entroido galego

 Moi boa investigación a que están a realizar os nenos e nenas de primaria sobre o noso Entroido Tradicional. Noraboa rapaces!









lunes, 5 de febrero de 2024

Visita dos Merdeiros de Vigo

    Na nosa cidade, unha urbe que vive en tempos dominados pola globalización, temos colectivos que afondan no estudo e recuperación do noso patrimonio, conectando así a nosa xeración con aquelas que nos preceden, pondo en valor a nosa identidade. Deste xeito, grazas a esta labor, temos unha figura singular no noso Entroido: “O Merdeir@”.

   O ENDL do centro preparounos unha visita moi especial, a dun grupo de Merdeiros. Todo o centro gozou dela!

 







Moi agradecidos pola fantástica visita!