miércoles, 21 de diciembre de 2011

NADAL na BIBLIOTECA

   O pasado 20 de decembro os alumnos/as de Primaria e Infantil asistiron -na biblioteca- á lectura dun conto titulado: “El príncipe feliz” de Óscar Wilde. Logo de escoitar o conto, todos os nenos e profesores recibiron un corazón vermello, debuxado e decorado en cartolina, como lembranza do relato tan emotivo e solidario que escribiu o autor inglés, un conto clásico moi axeitado a estas datas especiais. Mostrámosvos as imaxes dese día.



Nadal 2011


Aquí podedes ver a Guía de lecturas para o Nadal 2011



jueves, 24 de noviembre de 2011

miércoles, 23 de noviembre de 2011

EL LIBRO DE LAS HADAS

     EL LIBRO DE LAS HADAS

    
Este vídeo sobre las hadas, lleno de fantasía, es una obra maestra del ilustrador francés Benjamin Lacombe. Podeis comprar el libro ya que está a la venta.



jueves, 17 de noviembre de 2011

Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito

    Este vídeo foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, e presentouse no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
    As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
    O noso centro C.E.I.P. Coutada-Beade conta co Plan de mellora de bibliotecas escolares  (PLAMBE) dende fai 4 cursos e vimos de asistir a este importante Congreso.


Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

jueves, 3 de noviembre de 2011

SAMAIN

 
   O concurso de Mini-Relatos Do Samaín, convocado fai unhas semanas, tivo unha importante participación de alumnos de 3º a 6º curso. Foron expostos e lidos e os máis “medorentos” recibiron un agasallo. Durante 2 días os nenos/as leron as súas historias na biblioteca e…… o público asistente saíu gratamente “asustado” de escoitar relatos terribles. Por suposto todos leron coa luz apagada, unhas veliñas,.... para crear ambiente.


martes, 20 de septiembre de 2011

ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES

    Este ano 2.011 celébrase o Ano Internacional dos Bosques. Os alumnos/as de E. Infantil traballaron este tema coa profe Amparo, e aquí está o resultado. Fixeron un libriño no que plasmaron esta idea con moitas cores e conciencia medioambiental.


    E falando de bosques… quérovos recomendar un fermoso bosque, con árbores centenarias autóctonas, que se atopa en Lugo, en Marcelle (Outeiro de Rei) e ademáis é un zoóloxico no que podedes ver animais de diversas especies, salvaxes, domésticos, réptiles,… Algúns deles están en semi-liberdade e paga a pena visitalos. Coñecedes ao porco vietnamita?
    Ademáis cada animal ten unha ficha informativa coas súas características, hábitat, etc…





miércoles, 1 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

   Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:


   Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
   Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.



     Colectivo  de  coordinadores/as  do  PLAMBE

jueves, 19 de mayo de 2011

BODEGÓNS

   Os alumnos de 3º A e B  e 4º  pintaron estes bodegóns, na clase de Plástica, para continuar co traballo da ALIMENTACIÓN.  Utilizaron os modelos orixinais de bodegón:  bodegón con  seis laranxas de VAN GOGH,  bodegón con atún de PICASSO  e   bodegón con cesta de mazás  de CEZANNE. Aquí tedes unha  escolma, pero son en total.......50 debuxos.

miércoles, 18 de mayo de 2011

ALIMENTOS e DEPORTE.

   Os nenos/as de 1º traballaron  tamén o tema da alimentación a través do xogo e o deporte. A profe Susana, de E. Física,  preparou unha gymkana para mostrarlles a importancia dunha alimentación sá e nutritiva, na que son fundamentais as froitas, que nos aportan moitas vitaminas. NON  O ESQUEZADES NENOS.....unha mazá ao día para medrar con alegría!!

martes, 17 de mayo de 2011

ALIMENTACIÓN SÁ

   Alimentos nutritivos e sans. Continuamos con máis traballos realizados nos diferentes cursos e áreas. Aquí veredes unha escolma de actividades  sobre  alimentos.
   Os cursos de E. Infantil de 4 anos e tamén  1º, 2º, 5º e 6º  de Primaria, presentan diferentes enfoques dun mesmo tema....Tamén hai traballos realizados  nas áreas de Inglés e E. Física.....Mmmmmm.....! que fame!


lunes, 16 de mayo de 2011

ALIMENTACIÓN

   Neste curso escolar todos os cursos traballaron o tema da ALIMENTACIÓN.  É un proxecto documental que escollimos por tratarse dun tema  tan importante.  Presentámosvos  os traballos realizados e veredes...diferentes enfoques.
   Os  alumnos de  3º e 4º   xunto coas profesoras, prepararon un xogo titulado O XOGO DA ALIMENTACIÓN ( similar ao xogo da oca)....pero moito máis elaborado e, con moitísima información.....Os alumnos/as están desexando xogar, algo que farán en breve. Completísimo, non vos parece?
   Nos próximos días veredes máis traballos, de Infantil e Primaria....

miércoles, 11 de mayo de 2011

EL CAZO DE LORENZO

   O pasado luns 9 de maio  algúns alumnos/as  de  5º representaron o conto EL CAZO DE LORENZO de  Isabel Carrier.....Este libro trata valores sociais  e fala  da diversidade...Dende a biblioteca recomendamos que o merquedes. Paga a pena lelo.



   Despois de moitos ensaios pois.....Aquí tedes  a  representación do conto que  realizaron os nenos/as  de 5º. Eles son: Antía, Sara, Laura, Brais, Víctor, Arianna, Paula, Uxía, María,....Teñen madeira de actores. O público estivo  moi concentrado na representación.



domingo, 1 de mayo de 2011

UN POEMA E UNHA FLOR

   E continuamos con máis actividades.....Como xa vos dixera anteriormente pois aquí tedes os magníficos resultados da actividade "ilustra o teu poema", realizada coa  inestimable axuda das familias de cada alumno de Primaria. Cada neno/a seleccionou o seu poema,  traballado anteriormente nas aulas,  e veredes o resultado...Fermosos textos, belas ilustracións e........moi  boas ideas plásticas  de papá, mamá, tíos, madriñas, avoíñas....Moitas grazas a todas as familias que leron poesía xunto aos nenos/as e fixeron un traballo excelente!!!!! 

sábado, 30 de abril de 2011

SEMANA DO LIBRO

Este ano  celebramos  a SEMANA DO LIBRO,  os días 26, 27 e 28 de Abril, realizando nas aulas diferentes actividades. O día 26 estivemos traballando o lema "un poema e unha flor", realizando marcapáxinas nas aulas ao tempo que diseñamos uns carteis de   9 m. de longo cun poema  emotivo titulado PALABRAS de Pepe Cáccamo e unha flor. Descolgamos estes murais dende as ventás da biblioteca e permaneceron alí  pendurados durante 3 días. Nas aulas elaboráronse poemas con esta idea: nunha cara un poema e na outra unha flor...Poemas de diferentes autores galegos (Antonio G. T., Paula Carballeira, Yolanda Castaño, X. María Álvarez.....), seleccionados dende a biblioteca e nas titorías.
Aquí  podedes ver  estes murais:











O xoves saímos ao patio para LER....sentadiños na herba dos  xardíns. A actividade titúlase PADRIÑOS LECTORES. Así todos, grandes e pequenos, profesorado tamén,  saímos a ler ao patio, tendo cada padriño ou madriña lectores 2 ou 3 afillados aos que ler un conto. Pasárono moi ben.......e sobre todo, divertíronse lendo ou escoitando!!!! Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º leron  aos alumnos de 2º, 1º e E. Infantil.
Pódovos asegurar que estaban realmente concentrados!. Aquí tedes unha mostra....

viernes, 29 de abril de 2011

LETRAS GALEGAS.....LOIS PEREIRO

Próximamente celebramos as Letras Galegas no noso cole e en toda Galicia.  
Aquí tedes unha estupenda actividade LIM,  realizada pola profesora de 3º B,   Mª Esther R.,
que nos mostra a vida e obras de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano.
QUE  VOS  DIVIRTADES !!!!!

lunes, 18 de abril de 2011

Sesión de CONTOS na BIBLIOTECA

O pasado 11  de  abril contamos coa visita dunha   lectora Contacontos da editorial  Edelvives, que  leu e representou varios contos para os nenos de 3º e 4º de Primaria. Un dos libros lidos titúlase: "os mil brancos dos esquimós" .Pódovos asegurar que lles encantou. Aquí tedes unha mostra.....





jueves, 7 de abril de 2011

CUENTOS SILENCIOSOS de Benjamin Lacombe

O pasado 4 de novembro saía á venda de forma simultánea en Francia, Italia e España Il était une fois... (CUENTOS SILENCIOSOS), do ilustrador Benjamín Lacombe, unha obra orixinal que recrea os contos clásicos ao seu xeito e en modo pop-up.





"Oito contos clásicos, nunha dobre páxina, cun mecanismo enxeñoso, nun libro magnífico, que asocia a técnica co talento artístico. Nel encontraremos os personaxes dos contos máis coñecidos: Alicia, Pinocho, a Bela Dormente, Barba Azul, Peter Pan, Caperucita Roja, Madame Butterfly e Pulgarcita; postos en escena por Benjamin Lacombe e en relevo por José Pons. Ao final do libro, Jean Perrot, grande especialista en contos e ilustración infantil, daranos a súa visión da obra", en palabras do editor.

Benjamin Lacombe, é un estupendo ilustrador francés nacido en Paris, ten 27 anos e traballa principalmente para libros infantís e cómics.

Estudou artes plásticas. Mentres estudaba, fixo algúns traballos en estudos de animación e comezou como un artista de publicidade.
       Hoxe mostramos este fabuloso libro aos nenos de Primaria, na Biblioteca e quedaron ...........abraiados!!!!

Aquí tedes o vídeo promocional do libro e o enlace á páxina web do ilustrador.



sábado, 12 de febrero de 2011

Mr. Bean na biblioteca

E.........falando de LIBROS e de bibliotecas. Algunha vez ocurriuvos o mesmo que a Mr. Bean?  
Todos podemos pasar un apuro en calquera momento,  incluso nun lugar tranquilo e silencioso como pode ser unha biblioteca. Aquí tedes un excelente actor cómico, inglés, Rowan Atkinson, que  nos mostra cómo debemos traballar nas bibliotecas,  ou non?