jueves, 29 de abril de 2010

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA CONTARTE

CAMPAÑA CONTARTE (animación lectora e plástica):
Hoxe contamos coa presenza de 2 animadoras-contacontos (campaña CONTARTE-Concello de Vigo) que realizaron 3 obradoiros de Plástica a partires dos libros "Taccuino di un animalista" e "Ollobrusco" da editorial OQO, ilustrados por Maurizio Quarello. As sesións foron desfrutadas por 3º, 4º e 5º cursos e ademais recibimos previamente un lote de libros desta editorial que son magníficos, -nos textos e nas ilustracións-, como xa sabedes, entre eles: El león Kandinga, Petra, la bruja regañadientes.Os rapaces quedaron entusiasmados e sóubolles a pouco pero........para o curso mais?Aquí vai unha mostra dos debuxos que realizou o curso de 4º.





O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

Este é un libro mooooi goloso e divertido que vos recomendamos especialmente. Que ocorre cando un neno se empacha de boas lecturas? pois, que........pode producirlle indixestión. Será mellor ler libros pero nunca comelos. Ademais atopamos unha proxeción deste libro, en Internet, xa realizada e visualizámola durante a semana do libro, durante 2 recreos sucesivos. Gustouvos moito, certo? Pois agora só queda compralo e lelo.

lunes, 19 de abril de 2010

DECLARACIÓN UNIVERSAL DO DEREITO A ESCOITAR CONTOS

1.-Todas as nenas e nenos, de cero a cen anos, sen distinción de raza, idioma ou relixion teñen dereito a escoitar os mais fermosos contos, mitos e lendas da tradición oral dos pobos.
2.-Todo ser humano ten pleno dereito a esixir que os seus pais e nais lles conton contos a calquera hora do día. Aqueles pais sorprendidos negándose a contar un conto, comenten grave delito de omisión cultural e autocondenase a que os seus fillos xamais lles volvan pedir outro conto.
3.-Quen non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este o faga con amor e ternura, que é como se contan os contos.
4.-Todas as nenas e nenos teñen dereito a escoitar contos sentados nos xeonllos dos seus avós.
5.-As persoas adultas están na obriga de pór ao alcance das nenas e os nenos todos os libros, contos e poesías de diferentes autores.
6.-Toda persoa ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes creando a sua propia versión. No caso de nenos e nenas moi influidos pola tele, os seus pais e nais están na obriga de descontaminalos conducíndoos polos camiños da imaxinación da man dun bo libro de contos.
7.-As nenas e nenos teñen dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de imaxinativos relatos, propios ou non, longos ou curtos, de ficción ou divulgativos, narrativos ou poéticos. O único obrigatorio é que sexan fermosos e cautivantes.
8.-As nenas e nenos sempre teñen dereito a pedir outro conto e a pedir que lles conten un millón de veces o mesmo conto.
9.-Todas as nenas e nenos do mundo teñen dereito a medrar acompañados das aventuras de Elmer, de Hansel e Gretel, de Tom Sawyer, do lobo feroz e das fadas madriñas, do colorín colorado do final dos contos e do inmortal “había unha vez”, frase máxica que abre as portas da imaxinación hacia os soños máis fermosos da infancia.
CÓNTESE, ESCÓITESE E CÚMPRASE.

viernes, 16 de abril de 2010

PARA QUE LES????

PARA QUE LES?
Este ano 2010 é o Ano do libro infantil e xuvenil en Galicia e próximamente teremos unha chea de actividades relacionadas coa lectura e a celebración do 23 de abril, día do libro.
En breve, faremos unha actividade de reflexión lectora en torno a esta pregunta: PARA QUE LES?
Todos temos motivos diversos para ler e todos son importantes. Hai persoas que len diariamente, outros de cando en vez, algúns só cando a tele está estropeada, outros cando esperan na consulta do médico, algúns baixo a sombra dun carballo, na praia, poucos non len nunca e....... algún despistado le no w.c. Pero.........PARA QUE LES?