lunes, 26 de junio de 2023

Xornada de Portas Abertas

    O pasado 20 de xuño fixemos unha Xornada de Portas Abertas para toda a comunidade educativa. Foi o 50 aniversario do noso centro e visitáronnos familias, antigos alumnos e alumnas, e antigos mestres/as. Fixemos unha exposición de fotografías e de diversos materiais que atopamos polo centro. Tamén expusemos as "Lembranzas", textos elaborados polas familias sobre os seus anos no colexio, mostramos todas as instalacións do centro, fixemos entrevistas na radio, un obradoiro de cociña, un obradoiro de chapas e moitas cousas máis.

 

 Premede na imaxe para acceder ao álbum


jueves, 15 de junio de 2023

Continuamos coas lecturas compartidas

 Ola nenos e nenas,

   Queda ben pouco para rematar este curso pero continuamos traballando. Esta semana as alumnas de 6º Noa, Luna e Jarel prepararon un conto para os neno/as de 4 anos.


   Así mesmo, as familias continuan participando activamente nas actividades da biblioteca. Coma sempre, moitísimas grazas pola vosa colaboración.








Un saúdo,

O Moucho

martes, 13 de junio de 2023

Visita de Antonio Manuel Fraga

    Este pasado venres contamos coa visita do autor Antonio Manuel Fraga, autor de "Papá Caníbal" , unha historia divertida e disparatada que nos encandilou a todos...

   Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite do Samaín.
Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!

 











     Pasámolo moi, divertímonos, fixemos preguntas e asinounos o noso exemplar do libro. Grazas Antonio!!!

lunes, 12 de junio de 2023

Lembranzas do Coutada

 Ola a todos,

   Ao longo deste curso, e a través das mochilas viaxeiras, invitamos ás familias a compartir os seus recordos sobre estes 50 anos de vida do noso centro. 50 anos dan para moito, e aquí deixámosvos a primeira parte das vosas lembranzas

Moitas grazas por participar... así faise comunidade

       Premede na imaxe para descargar

sábado, 10 de junio de 2023

Outra semana máis compartindo

 Ola de novo,

   Outra semana máis compartindo... compartindo contos e historias. Esta semana foron a nai de Oliver (4º de infantil) e Lucas (de 5º EP) os que decidiron pasar un tempo con todos nós para compartir un rato de contos e lecturas... Moitas grazas aos dous!!!





Para a semana... máis

miércoles, 7 de junio de 2023

Illas á vista

    O noso cole ten algo moi especial. Sempre que recibimos unha visita escoitamos algún comentario sobre as incribles vistas que hai dende o noso centro. Concretamente podemos ver gran parte da Ría de Vigo e temos unha excelente panorámica das fermosas Illas Cíes.

E precisamente Rena Ortega ven de publicar un fermoso álbum ilustrado dedicado por completo ás Illas Atlánticas de Galicia. Un libro publicado pola editorial Triqueta Verde e que agardamos ter pronto na nosa biblioteca.

Prepárate para coñecer en detalle e percorrer un lugar do que seguro oíches falar moitas veces... Na costa atlántica de Galicia espérate unha maravillosa aventura percorrendo as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O único en Galicia que ten unha diversidade de flora e fauna moi particular. Coñece detalladamente todo o que teñen e podes visitar, así como as normas e materiais necesarios para facer a tua propia ruta. Cunhas lentes de mergullo poderás descubrir os seus sorprendentes fondos mariños que están cheos de vida e cor. Adéntrate na súa historia e busca tu propia aventura ata debaixo da auga. Esperante lendas, camiñatas, natureza e moitos datos que quizais non sabías deste parque tan especial.

martes, 6 de junio de 2023

Guías de lectura para o verán: lectores autónomos e expertos

 Ola nenos e nenas,

   Subimos hoxe as guías de lectura para o verán para os lectores autónomos e tamén para lectores expertos.   

Podedes descargalas pero pronto recibiredes unha copia para levar a casa.


                   DESCARGAR -- Guía lectores autónomos

 


                          DESCARGAR -- Guía lectores expertos
 

Guías de lectura para o verán: prelectores e primeiros lectores

   Xa están aquí as guías de lectura para este verán... Coma todos os anos por estas datas facemos algunhas recomendacións de lectura para aproveitar ben o tempo de vacacións. Lembrade que no verán e bo ter un libro na man.

  Hoxe deixámosvos aquí as guías para prelectores (nenos e nenas de infantil) e para os primeiros lectores (1º ciclo de primaria). Podedes descargalas pero pronto as recibiredes nos vosos fogares.

Un saúdo,

O Moucho


                 DESCARGAR -- Guía prelectores

 



            DESCARGAR -- Guía primeiros lectores

lunes, 5 de junio de 2023

As familias tamén contan

 Ola nenos e nenas,

   Acaba de arrincar a semana e xa tivemos a sorte de contar co pai dunha alumna de infantil para contarnos un conto. Que ben o pasamos!



Deseño de chapas para o 50 aniversario

Ola nenas e nenos,

Xa temos case todos os vosos deseños para o próximo obradoiro de chapas que realizaremos na biblioteca sobre estes 50 anos de historia do noso colexio. Sodes uns artistas!! Pronto descubriremos os deseños gañadores.

Un saúdo, 

O Moucho











viernes, 2 de junio de 2023

Radio e familias: entrevistas

   Últimamente sodes moitas as familias que vos estades animando a participar do 50 aniversario do centro. Xa sexa nas aulas, na biblio, nos cadernos viaxeiros e, como nesta ocasión, na radio, encántanos candos compartides o voso tempo con todos nós. 

Nestas últimas semanas alumnos/as do centro entrevistaron as súas nais, que son antigas alumnas do cole, e que nos agasallaron coas súas lembranzas.

Moitas grazas por participar,

O Moucho