Este pasado venres contamos coa visita do autor Antonio Manuel Fraga, autor de "Papá Caníbal" , unha historia divertida e disparatada que nos encandilou a todos...
Fedora está farta de que o abusón do cole se meta con ela, así que
decide asustalo contándolle que o seu pai é un caníbal. O Efebeí, un
policía fóra de servizo por non facer nada ao dereito, inicia unha
investigación pola súa conta sobre o suposto caníbal para tentar
recuperar o prestixio perdido e poder reincorporarse ao traballo. A
partir de aquí iníciase un atolado enredo que ten lugar durante a noite
do Samaín.
Unha novela disparatada, enxeñosa, macabra e tremendamente divertida, na que mesmo poderás escoller o final!
Pasámolo moi, divertímonos, fixemos preguntas e asinounos o noso exemplar do libro. Grazas Antonio!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario