O noso cole ten algo moi especial. Sempre que recibimos unha visita escoitamos algún comentario sobre as incribles vistas que hai dende o noso centro. Concretamente podemos ver gran parte da Ría de Vigo e temos unha excelente panorámica das fermosas Illas Cíes.
E precisamente Rena Ortega ven de publicar un fermoso álbum ilustrado dedicado por completo ás Illas Atlánticas de Galicia. Un libro publicado pola editorial Triqueta Verde e que agardamos ter pronto na nosa biblioteca.
Prepárate para coñecer en detalle e percorrer un lugar do que seguro oíches falar moitas veces... Na costa atlántica de Galicia espérate unha maravillosa aventura percorrendo as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O único en Galicia que ten unha diversidade de flora e fauna moi particular. Coñece detalladamente todo o que teñen e podes visitar, así como as normas e materiais necesarios para facer a tua propia ruta. Cunhas lentes de mergullo poderás descubrir os seus sorprendentes fondos mariños que están cheos de vida e cor. Adéntrate na súa historia e busca tu propia aventura ata debaixo da auga. Esperante lendas, camiñatas, natureza e moitos datos que quizais non sabías deste parque tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario