Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta poesía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2026

VERSOS QUE SE PEGAN- 21 DE MARZO DÍA DA POESÍA

 

 "Versos que se pegan"


O pasado 21 de marzo, a nosa biblioteca encheuse de rimas, metáforas e moita cor. Para celebrar o 
Día Mundial da Poesía, no CEIP Coutada-Beade decidimos que as palabras non só se len, tamén se poden ver e tocar!

Cada alumno e alumna mergullouse na lectura dun poema. Despois de deixarse levar polo seu ritmo e o que lles facía sentir, o reto foi converter esas emocións en arte. Utilizando a técnica do collage, foron recortando e pegando formas, cores e texturas para darlle vida á súa propia interpretación dos versos.

O resultado foi unha explosión de creatividade. Onde antes había palabras, agora hai paisaxes de papel, retratos abstractos e soños pegados. Pasamos das estrofas ás tesoiras para demostrar que a poesía vive en cada un de nós dun xeito diferente.

Grazas a todos os artistas de Bibliomoucho por facer que a poesía brille tanto!


















jueves, 25 de marzo de 2021

Árbores e poesía, unha combinación perfecta

 Hoxe conmemoramos o Día da Árbore (que tivo lugar o pasado 21 de marzo), e o fixemos da mellor forma posible: plantando dúas novas árbores nos xardíns do cole. 

 Ademais, aproveitamos esta celebración para facer entrega dos agasallos do Día da Poesía (21 de marzo).

 Todo o alumnado levou para casa o seu chaveiro co poema de Manuel María “As árbores de cidade” (do libro “As rúas do vento ceibe”). E por suposto, todas as familias que participaron na actividade proposta pola biblioteca tamén recibirán o seu chaveiro co codigoQR para escoitar diversos poemas na voz dos seus fillos.





    Neste sentido, queremos salientar a gran participación das familias nesta actividade, e agradecervos coma sempre a vosa colaboración. 

Moitísimas grazas!!

 

Mañá publicaremos máis imaxes 

deste fantástico día.

Un saúdo, e de novo: grazas a todos e todas! 



domingo, 21 de marzo de 2021

Día da Poesía, recomendacións

    Hoxe, 21 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Poesía e queremos celebrala léndoa e recomendando algúns títulos imprescindibles

 


   E por suposto, convidámosvos a ler e escribir poesía tal e como fai Baldo Ramos no seu libro "Porque te quero" (Editorial Galaxia)

 Le este libro durante
6 días, 6 horas e 66 minutos
Escolle de cada poema unha palabra.
Reméxeas con maña e forza:
a poesía éche o que ten.
Méteas no peto
da túa chaqueta reversible
outros 6 días, 6 horas e 66 minutos.
Nese momento exacto
sentirás que se entenden.
Que teñen vida propia
e que saben convivir.
Entón é o momento
de sacar o poema a pacer.
Compartilo cos que te queren.
escribir é sempre un xeito
de agradecer que nos queiran.


 

viernes, 23 de marzo de 2012

SEMANA DA POESÍA


    Balón poético
   Este pasado día 21 de marzo celebrouse o día Internacional da Poesía. Nós fixemos unha actividade lectora, poética e olímpica que agradou aos nenos xa que comprobaron que a lectura e o deporte son compatibles. Unha vez máis o lema deste curso é.....” Os xogos olímpicos: ler por deporte”. Algúns nenos de 5º, 1º e 6º cursos pasaron por todas as aulas (música, ximnasia, inglés, P.T., A.L., titorías, relixión) levando 3 balóns poético-olímpicos e en cadanseu balón figuraban escolmas de poesías de  renomeados poetas, (Rosalía de Castro, Pepe Cáccamo, Antonio García Teijeiro, Xosé Mª Álvarez Blázquez, Ana Mª Fernández, Antón Tovar ....). Os nenos maiores lían para os pequenos. Lanzábase o balón a diferentes nenos, na propia aula e todos e cada un deles recitaba un deses poemas. Tamén os profes recitaron. Penso que xa están preparando o seu propio balón nas súas casas. Moitos querían realizar esta actividade todos os días.



miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

HOXE, 21 de marzo,  é o día  INTERNACIONAL da POESÍA.  En todas as bibliotecas celebramos esta ocasión  de modo especial.  Aproveitamos  esta data para ler, recitar e  traballar  unha escolma de  POEMAS  dos autores que  máis nos gustan....Pepe Cáccamo, Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Ana Mª Fernández,....Algúns nenos "regalaron"  poemas escritos por eles mesmos aos amigos.....Neste vídeo podedes lelos.





domingo, 1 de mayo de 2011

UN POEMA E UNHA FLOR

   E continuamos con máis actividades.....Como xa vos dixera anteriormente pois aquí tedes os magníficos resultados da actividade "ilustra o teu poema", realizada coa  inestimable axuda das familias de cada alumno de Primaria. Cada neno/a seleccionou o seu poema,  traballado anteriormente nas aulas,  e veredes o resultado...Fermosos textos, belas ilustracións e........moi  boas ideas plásticas  de papá, mamá, tíos, madriñas, avoíñas....Moitas grazas a todas as familias que leron poesía xunto aos nenos/as e fixeron un traballo excelente!!!!!