miércoles, 19 de noviembre de 2025

CLUBE DE LECTURA 3º E 4º E.P

 INICIO DO CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º E.P

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria comezou co clube de lectura con Willi Fog " La vuelta al mundo en 80 días". Eliximos este libro porque este ano o cole é unha viaxe por moitísimos países, e que mellor que compartir esta adaptación.





CONTA-CONTOS EDUCACIÓN INFANTIL

 Dúas alumnas de 6º participaron nun conta- contos en Educación Infantil, son axudantes de biblioMoucho e moi colaboradoras.

 Grazas Valentina e Leila!




AGASALLOS DO PERSONAXE MISTERIOSO

 Por aquí tedes os agasallos para o alumnado participante 

 "NO PERSONAXE MISTERIOSO"




lunes, 17 de noviembre de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS 


Durante o mes de novembro a aula STEAM permanecerá aberta nos recreos para todo o alumnado do centro.

Destacamos a importancia de fomentar o interés pola Ciencia dende idades temperás e reivindicar o galego como lingua válida para o pensamento científico, contribuíndo así a normalización da lingua nese ámbito.




















XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

O sábado algúns membros do Equipo de BiblioMoucho acudimos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia XBEGA25.

Un día cheo de experiencias e novas aprendixaxes!

Grazas!




miércoles, 12 de noviembre de 2025

ARRANCAMOS CO CLUBE DE ESCRITURA CREATIVA

 Hoxe arrancamos co Clube de Escritura creativa, pouco a pouco iremos amosando todas as creacións feitas polos nos@s e nens@s...







O PERSONAXE MISTERIOSO

Adiviñamos personaxes misteriosas por medio de pistas... aquí vos deixamos a mostra...