Despois dunha experiencia tan bonita coma a de onte, queremos recordarvos que na biblioteca tendes a vosa disposición varios libros sobre a temática das árbores e do medio ambiente.
Deixámosvos aquí tres recomendacións moi especiais:
“Árboles” de Piotr Socha e Wojciech Grajkowski, da sempre interesante editorial Maeva Young
Un libro en gran formato, cuns contidos moi interesantes e unhas fermosas ilustracións. Poderás decubrir moitas cousas sobre as árbores: por que hai árbores sagradas, os habitantes das árbores, camuflaxe, os bosques nas lendas, como contruir unha casa nunha árbore e moito máis. Un imprescindible en calquera biblioteca.
“O Carballo” de Calros Silvar, Baía Edicións
O Carballo, un fermoso libro sobre unha árbore característica da nosa terra, no que se nos explica como é a súa vida e as relacións cos demais seres vivos do seu ecosistema. E ollo, porque tamén non fala dos seus grandes inimigos: as persoas.
“El jardín curioso” de Peter Brown, Takatuka.
Unha bonita historia cunhas fermosísimas ilustracións. Liam, un neno moi curioso descubre un pequeno xardín en apuros no medio dunha cidade monótona, gris, e chea de polución. Liam toma unha decisión: axudar a crecer ás pequenas plantas que atopa. Pero o neno non imaxina o que acontecerá… porque con tempo e coidados a natureza pode abrirse paso e facer do mundo un lugar mellor e máis agradable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario