jueves, 20 de mayo de 2021

Día Mundial da Abella, un día a ter en conta

 Ola nenos e nenas,

Sabedes que hoxe, 20 de maio, é o Día Mundial das Abellas? Seguramente vos preguntedes por que… pois a resposta é moi sinxela. Estes pequenos animais son imprescindibles para o noso planeta. Parece algo difícil de crer, que un animal tan pequeno poida ter tanta importancia, pero así é… as abellas axudan a manter a biodiversidade e axudan a previr riscos ambientais. Por esta razón, e dende o ano 2018, dedícase o 20 de maio a lembrar a importancia da abella, xa que a nosa supervivencia depende desta especie.

   Na biblioteca contamos con varios libros sobre as abellas, pero hai dous moi especiais e interesantes que queremos recomendarvos, así como unha película divertidísima e coa que aprenderedes moitísimas cousas sobre as abellas.

Pero hai moitos máis:

   Ademais, tamén queremos recordar que todo o mundo pode participar neste día realizando sinxelas accións que poden axudar moito ás nosas amigas as abellas. Aquí van algunhas ideas:

1. Poñer plantas que lle gusten ás abellas nos balcóns, terrazas e hortas; comprar mel e produtos apícolas locais.

2. Colocar "hoteis de insectos", onde poden vivir abellas solitarias e outros insectos.

3. Conservar as flores e non cortalas antes de que as abellas as aproveiten.

4. Evitar o uso de sustancias tóxicas para os insectos e mercar alimentos que non as utilicen.

 

Todos xuntos podemos axudar.

Premede na imaxe para máis información

 


No hay comentarios: