domingo, 24 de octubre de 2021

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

    Dende o ano 1997 cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas Escolares. O lema elixido para este ano, “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."


   No CEIP de Coutada Beade concebimos a biblioteca como un espazo onde ademais de fomentar a lectura e a escritura, tamén aprendemos, descubrimos e creamos.

   Este novo curso centraremos o proxecto de centro na experimentación, a creación e a investigación. Convertímonos pouco a pouco nunha biblioteca do século XXI fomentando o traballo colaborativo e colonizando novos espazos do centro cos nosos “Bibliofaladoiros” e coa nova aula Steam: o "Steamclub".

 

 

Próximamente o vídeo do STEAMclub. 



 

No hay comentarios: