sábado, 2 de abril de 2022

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

 O 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, conmemórase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de promocionar a boa literatura e a lectura entre os máis novos.

Hoxe en día gozamos dunha enorme cantidade e variedade de libros destinados aos máis cativos da casa. Aos títulos e autores/as clásicos súmaselles unha boa cantidade de novos autores/as, así como distintos formatos e soportes. Con tanta variedade practicamente é imposible non atopar un bo libro que satisfaga as necesidades dos nosos fillos ou fillas.

Dende a biblioteca do centro procuramos facervos recomendacións que consideramos interesantes. Non esquezades que estamos abertos ás vosas suxestións.

Un saúdo

 


Ler é liberdade. Ler é respirar.

 Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.
 
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

 

No hay comentarios: