martes, 24 de enero de 2023

Como acceder á plataforma E-LBE.2 por primeira vez

   E-LBE.2 é un novo servizo que ofrecen as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE. Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquece as coleccións das bibliotecas escolares cun volume de miles de títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné de usuarios das bibliotecas escolares.

 

   Estos días chegaravos as vosos fogares o identificador e contrasinal do voso fillo/a. O primeiro que tendes que facer é acceder á plataforma con eses datos e reenviaravos a outra páxina para que modifiquedes o contrasinal ao voso gusto. O identificador continuará a ser o mesmo (PEC093- seguido dun número). 

 

PASOS A SEGUIR A PRIMEIRA VEZ:

Podedes acceder á plataforma premendo no seguinte enlace:

 

 

1º.- Premer en IDENTIFICARSE
 

atoparémonos coa seguinte pantalla:

 

 

2º.- Introduciremos o identificador e contrasinal enviados polo centro

 

3º.- Prememos en "ir ao sitio web" e levaranos a seguinte pantalla, na que debemos introducir os datos solicitados e modificar o contrasinal.

 

 

4º.- Unha vez introducidos todos os datos xa podemos comezar a disfrutar da plataforma E-LBE2. 

 

Esperamos que a plataforma sexa do voso interese. Pronto facilitaremos máis información sobre a súa utilización e todo o partido que podemos quitarlle.

 

Un saúdo,

O Equipo de biblioteca

No hay comentarios: