martes, 2 de mayo de 2023

Xornada no centro con Brazolinda

    O vindeiro venres 5 de maio teremos unha xornada lúdica no colexio. Todos os cursos poderán gozar dunha sesión de xogos de mesa con Brazolinda.

 Brazolinda é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego. Están deseñados para o xogo conxunto de grandes e pequenos e axudan a desenvolver a capacidade de observación, comunicación, razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou xogos de agudeza visual, entre outros.

Vide preparados!!!!

Un saúdo,

O MOucho
 

No hay comentarios: