jueves, 30 de abril de 2026

RADIO LARETAS EN MARCHA!

 RADIO Laretas en marcha! Obradoiro de radio escolar con Gabriel Paz

Esta semana o noso centro encheuse de ondas, micros e moita ilusión. O luns e o martes o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria participou nunha formación moi especial de radio escolar. Esta actividade estivo guiada polo gran profesional Gabriel Paz, quen espertou a curiosidade xornalística de todos os nenos e nenas.
Durante estas dúas xornadas intensas os nosos alumnos e alumnas aprenderon os segredos que se agochan detrás dos micrófonos. Coñeceron como se estrutura un programa, como usar a voz para comunicar emocións e o manexo técnico básico para facer grabaciones de calidade. O mellor de todo foi velos traballar en equipo, repartir roles e perder o medo a falar en público mentres deixaban voar a súa creatividade.
Grazas a esta formación a nosa querida Radio Laretas prepárase para unha nova etapa chea de contidos interesantes, entrevistas e moito talento. Estamos desexando que escoitedes as primeiras pezas que están a preparar estes futuros xornalistas.
Queremos dar as grazas a Gabriel Paz pola súa paciencia, pola súa enerxía e por transmitir con tanto agarimo a súa paixón polo mundo radiofónico. Parabéns tamén a todo o alumnado participante polo seu esforzo e bo facer durante estes dous días.





















No hay comentarios: