Mañá 25 de abril, dentro do programa Lectura e Familias, contaremos coa visita de Sonia Hermida; xornalista especializada no ámbito da educación, máster en Literatura Infantil y Juvenil por la Universidad de Zaragoza, mediadora e investigadora en literatura infantil.
Neste obradoiro ofrecerános algunas propostas prácticas sobre como acompañar aos nosos fillos e fillas no seu camiño lector a través das distintas etapas evolutivas que van atravesando.
Que ler?
Cando?
Como escoller os títulos?
Como ofrecelos?
A través de exemplos prácticos (e sempre cos libros na man) veremos formas de introducir a literatura no día a día do fogar en situacións diversas. Haberá tempo para unha pequena actividade creativa que nos dará máis ideas sobre propostas que se poden levar adiante para fomentar o amor pola literatura no fogar.
Esperámosvos!
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario