Onte tivemos a sorte de contar coa presenza de Sonia Hermida na biblioteca, dentro do programa Lectura e Familias. Foi unha charla moi interesante para as familias. Ademáis de todos os consellos sobre como fomentar a lectura dende os fogares, puidemos ver e manipular unha boa cantidade de libros interesantes e de calidade, que son o tipo de materiais que queremos ofrecer dende a nosa biblioteca: calidade.
Ademáis, fixemos un pequeno obradoiro de creación que xa queda anotado
para facelo co alumnado. As familias se levaron un tríptico coas imaxes
dos diferentes libros e o listado completo de títulos. Esperamos que
sexa de axuda no momento de escoller libros de calidade.
Grazas a todas as familias que participaron,
Un saúdo,
O Moucho
No hay comentarios:
Publicar un comentario