Os nenos e nenas do cole poden gozar, dende hoxe e nas súas aulas, do cómic “Científicas: pasado, presente y futuro”, un divertido percorrido pola fascinante historia das mulleres científicas que abriron o camiño ás novas xeracións.
A orixe deste cómic atopámola na obra de teatro “Científicas:
pasado, presente y futuro”, ideada por Francisco
Vega, e estreada na Escola Técnica Superior de
Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla no ano 2016.
Catro anos despois da estrea da obra de teatro, e grazas a colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Sevilla, as científicas do pasado e do presente saltan ao mundo do cómic a través das imaxes da ilustradora Raquel García Ulldemolins.
Se queredes ler o cómic nas vosas casas e coñecer un pouco máis a Hipatia de Alexandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin ou Hedy Lamarr, así como a algunhas mulleres actuais que despuntan no mundo da Ciencia, podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario