jueves, 11 de febrero de 2021

11 de febreiro: "Figuras ocultas". Muller e ciencia

 Como xa comentamos con anterioridade, hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

      Os nenos e nenas de 5º e 6º xa levan varios días traballando coa película “Figuras Ocultas”, que narra a historia real de tres mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos 60,  no proxecto para levar ao primeiro astronauta (John Glenn) ao espacio e facer unha órbita completa do planeta Terra. As aportacións científicas de Katherine Johnson, Dorothy Vaughan e Mary Jackson foron imprescindibles para o éxito desta misión.

 

         “A intelixencia non ten cor.

             A forza non ten xénero.

                 A coraxe non ten límites.”

 

Ademais deste proxecto, Katherine Johnson foi a matemática que calculou as traxectorias de voo do proxecto Mercury e do voo á Lúa do Apolo 11 (1969). Dorothy Vaughan conseguiu ser a primeira supervisora dos servizos de IBM na Axencia, e Mary Jackson convertiuse na primeira muller en ser enxeñeira aeroespacial de Estados Unidos.


 

No hay comentarios: