O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola
Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o
21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a
diversidade cultural.
A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
Para conmemorar este día deixámosvos aquí o video da canción "Cri-Cri, eu falo así" que podedes atopar no libro-disco de Magín Blanco "A nena e o grilo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario