lunes, 1 de marzo de 2021
domingo, 21 de febrero de 2021
21 de febreiro: Día Internacional da Lingua Materna
A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
Para conmemorar este día deixámosvos aquí o video da canción "Cri-Cri, eu falo así" que podedes atopar no libro-disco de Magín Blanco "A nena e o grilo"
domingo, 14 de febrero de 2021
Pedrita Parker.- Unha simpática homenaxe á muller e a nena na ciencia
A ilustradora profesional Pedrita Parker publicou o pasado 11 de febreiro a súa particular homenaxe á muller e a nena na ciencia. Divertida, coma sempre, deixámosvos as súas palabras e as súas ilustracións en homenaxe a todas as mulleres científicas.
“He querido hacer esta viñeta para visibilizar a algunas, porque por desgracia fueron muchas las mujeres científicas olvidadas.
La
falta de referentes femeninos tiene un impacto negativo en las aspiraciones
profesionales de las niñas que
asumen que las ciencias solo se le dan bien a los chicos porque son solo los
que salen en los libros.
Hoy día, solo
el 28,5% de las mujeres tiene presencia en las carreras de ciencias. Por eso es
tan importante visibilizar que otras llegaron antes y que lo hicieron muy bien.
Y que cualquier niña que quiera estudiar ciencias, también podría lograr
grandes descubrimientos.”
Niñas + Ciencia. Pedrita - Kizoa Movie Maker
jueves, 11 de febrero de 2021
11 de febreiro: cómic "Científicas: pasado, presente e futuro"
Os nenos e nenas do cole poden gozar, dende hoxe e nas súas aulas, do cómic “Científicas: pasado, presente y futuro”, un divertido percorrido pola fascinante historia das mulleres científicas que abriron o camiño ás novas xeracións.
A orixe deste cómic atopámola na obra de teatro “Científicas:
pasado, presente y futuro”, ideada por Francisco
Vega, e estreada na Escola Técnica Superior de
Enxeñería Informática da Universidade de Sevilla no ano 2016.
Catro anos despois da estrea da obra de teatro, e grazas a colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Sevilla, as científicas do pasado e do presente saltan ao mundo do cómic a través das imaxes da ilustradora Raquel García Ulldemolins.
Se queredes ler o cómic nas vosas casas e coñecer un pouco máis a Hipatia de Alexandría, Ada Lovelace, Marie Curie, Rosalind Franklin ou Hedy Lamarr, así como a algunhas mulleres actuais que despuntan no mundo da Ciencia, podedes descargalo premendo na seguinte imaxe:
11 de febreiro: "Figuras ocultas". Muller e ciencia
Como xa comentamos con anterioridade, hoxe, 11 de febreiro, conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Os nenos e nenas de 5º e 6º xa levan varios días traballando coa película “Figuras Ocultas”, que narra a historia real de tres mulleres científicas afroamericanas que traballaron na NASA a comezos dos anos 60, no proxecto para levar ao primeiro astronauta (John Glenn) ao espacio e facer unha órbita completa do planeta Terra. As aportacións científicas de Katherine Johnson, Dorothy Vaughan e Mary Jackson foron imprescindibles para o éxito desta misión.
“A intelixencia non ten cor.
A forza non ten xénero.
A coraxe non ten límites.”
Ademais deste proxecto, Katherine Johnson foi a matemática que calculou as traxectorias de voo do proxecto Mercury e do voo á Lúa do Apolo 11 (1969). Dorothy Vaughan conseguiu ser a primeira supervisora dos servizos de IBM na Axencia, e Mary Jackson convertiuse na primeira muller en ser enxeñeira aeroespacial de Estados Unidos.
lunes, 8 de febrero de 2021
Enquisa.- A Ciencia ten nome de muller
O 11 de febreiro foi declarado pola ONU como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa finalidade de "lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas". Por esta razón, animámosvos a cubrir a seguinte enquisa, tanto a nenos como a nenas.
domingo, 7 de febrero de 2021
Ledicia Costas agasállanos cun dos seus últimos títulos
A escritora viguesa Ledicia Costas agasallounos hai pouco cun dos seus últimos libros, concretamente "A Señorita Bubble baixo cero" editado por Xerais. De novo, poderemos ler outra aventura da Señorita Bubble, esa muller inventora tan especial.
Moitas grazas a nosa compañeira Merce, que estivo con Ledicia, e tróuxonos o exemplar asinado pola escritora.
Grazas Ledicia
Saúdos do Moucho










