Os alumnos de 3º A e B e 4º pintaron estes bodegóns, na clase de Plástica, para continuar co traballo da ALIMENTACIÓN. Utilizaron os modelos orixinais de bodegón: bodegón con seis laranxas de VAN GOGH, bodegón con atún de PICASSO e bodegón con cesta de mazás de CEZANNE. Aquí tedes unha escolma, pero son en total.......50 debuxos.
jueves, 19 de mayo de 2011
miércoles, 18 de mayo de 2011
ALIMENTOS e DEPORTE.
Os nenos/as de 1º traballaron tamén o tema da alimentación a través do xogo e o deporte. A profe Susana, de E. Física, preparou unha gymkana para mostrarlles a importancia dunha alimentación sá e nutritiva, na que son fundamentais as froitas, que nos aportan moitas vitaminas. NON O ESQUEZADES NENOS.....unha mazá ao día para medrar con alegría!!
martes, 17 de mayo de 2011
ALIMENTACIÓN SÁ
Alimentos nutritivos e sans. Continuamos con máis traballos realizados nos diferentes cursos e áreas. Aquí veredes unha escolma de actividades sobre alimentos.
Os cursos de E. Infantil de 4 anos e tamén 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria, presentan diferentes enfoques dun mesmo tema....Tamén hai traballos realizados nas áreas de Inglés e E. Física.....Mmmmmm.....! que fame!
Etiquetas:
alimentos,
proxecto documental
lunes, 16 de mayo de 2011
ALIMENTACIÓN
Neste curso escolar todos os cursos traballaron o tema da ALIMENTACIÓN. É un proxecto documental que escollimos por tratarse dun tema tan importante. Presentámosvos os traballos realizados e veredes...diferentes enfoques.
Os alumnos de 3º e 4º xunto coas profesoras, prepararon un xogo titulado O XOGO DA ALIMENTACIÓN ( similar ao xogo da oca)....pero moito máis elaborado e, con moitísima información.....Os alumnos/as están desexando xogar, algo que farán en breve. Completísimo, non vos parece?
Nos próximos días veredes máis traballos, de Infantil e Primaria....
Etiquetas:
alimentos,
proxecto documental
miércoles, 11 de mayo de 2011
EL CAZO DE LORENZO
O pasado luns 9 de maio algúns alumnos/as de 5º representaron o conto EL CAZO DE LORENZO de Isabel Carrier.....Este libro trata valores sociais e fala da diversidade...Dende a biblioteca recomendamos que o merquedes. Paga a pena lelo.
Despois de moitos ensaios pois.....Aquí tedes a representación do conto que realizaron os nenos/as de 5º. Eles son: Antía, Sara, Laura, Brais, Víctor, Arianna, Paula, Uxía, María,....Teñen madeira de actores. O público estivo moi concentrado na representación.
Etiquetas:
animacions lectoras,
diversidade
domingo, 1 de mayo de 2011
UN POEMA E UNHA FLOR
E continuamos con máis actividades.....Como xa vos dixera anteriormente pois aquí tedes os magníficos resultados da actividade "ilustra o teu poema", realizada coa inestimable axuda das familias de cada alumno de Primaria. Cada neno/a seleccionou o seu poema, traballado anteriormente nas aulas, e veredes o resultado...Fermosos textos, belas ilustracións e........moi boas ideas plásticas de papá, mamá, tíos, madriñas, avoíñas....Moitas grazas a todas as familias que leron poesía xunto aos nenos/as e fixeron un traballo excelente!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)