sábado, 30 de abril de 2022

LERFLIX: Booktrailer de Eva Alfonso (6º)

 

Booktrailer do libro "El joven Poe: El extraño crimen de Mary Roget", elaborado por Eva Alfonso.

Premede sobre o vídeo:

 

Noraboa polo traballo.


LERFLIX presenta o booktailer de Carla Alonso (6º)

 

     A nosa nova plataforma LERFLIX presenta o primeiro dos booktrailer elaborados polos nenos e nenas de 6º de EP. Estade ben atentos porque preséntannos lecturas ben interesantes.

O booktrailer de hoxe foi elaborado por CARLA ALONSO, para o libro "Como entrenar a tus padres"


 
A continuación o booktrailer de Carla: (premede sobre o vídeo para visualizalo)


Noraboa polo teu traballo Carla.

 

Agardamos o seguinte booktrailer...



viernes, 29 de abril de 2022

Rematamos o Mes do Libro

O mes de abril está a piques de chegar ao seu fin. Aproveitamos esta entrada para recordar algunhas das actividades realizadas estes días:

O alumnado de Infantil comezou a traballar no proxecto das abellas. Moi pronto terán unha visita a Apípolis!!!






O alumnado de 6º practicando co cubo de Rubik






O alumnado de 4 anos traballando a lóxica-matemática co Robot



O alumnado de 6º traballando na elaboración de Kahoots para o Día das Letras Galegas





 

Primeiras imaxes do Mercado de Libros

 Ola a todos,

Xa temos aquí as primeiras imaxes do Mercado de Libros celebrado este xoves día 28. Esperamos que vos gusten as novas lecturas. Pronto subiremos o vídeo do mercado,  máis fotografías e os booktrailers realizados polos nenos e nenas de 6º.

Saúdos

 


 










miércoles, 20 de abril de 2022

Flores na horta

 Os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando moito na horta para plantar xirasoles, dalias de moitas cores e gladiolos.





 




viernes, 8 de abril de 2022

Aprendendo con Tinkercad

 Os nenos e nenas do cole xa están inmersos no deseño con Tinkercad, unha aplicación en liña de deseño e impresión 3D. Estamos a utilizala para o deseño do noso robot.





 


sábado, 2 de abril de 2022

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

 O 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen, conmemórase o Día do Libro Infantil e Xuvenil, co obxectivo de promocionar a boa literatura e a lectura entre os máis novos.

Hoxe en día gozamos dunha enorme cantidade e variedade de libros destinados aos máis cativos da casa. Aos títulos e autores/as clásicos súmaselles unha boa cantidade de novos autores/as, así como distintos formatos e soportes. Con tanta variedade practicamente é imposible non atopar un bo libro que satisfaga as necesidades dos nosos fillos ou fillas.

Dende a biblioteca do centro procuramos facervos recomendacións que consideramos interesantes. Non esquezades que estamos abertos ás vosas suxestións.

Un saúdo

 


Ler é liberdade. Ler é respirar.

 Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.
 
Ler permítelle ao teu espírito soñar.
 
Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.
 
A plenitude do teu universo só medra cando les.
 
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa quelogo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.
 
As historias son menciña. Curan. Reconfortan.
 
Inspiran. Ensinan.
 
Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.
 
Mahsi cho. Moitas grazas.
 
RICHARD VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO