III TORNEO DE XADREZ
Deu comezo o III TORNEO DE XADREZ no CEIP. Coutada- Beade. Hai unha gran participación e o alumnado está moi implicado en entusiasmado. Por aquí vos deixamos una mostra!
III TORNEO DE XADREZ
Deu comezo o III TORNEO DE XADREZ no CEIP. Coutada- Beade. Hai unha gran participación e o alumnado está moi implicado en entusiasmado. Por aquí vos deixamos una mostra!
O II Torneo de Xadrez no CEIP Coutada- Beade está a piques de comezar. De novo, este curso, cooperamos Convivencia e Biblioteca para organizar o Torneo: "TODOS CONTRA TODOS".
Pois así é, nenos e nenas, permanecede ben atentos porque xa comezou o torneo de xadrez... Premede na imaxes para máis fotografías
Ola nenas e nenos,
Xa temos case todos os vosos deseños para o próximo obradoiro de chapas que realizaremos na biblioteca sobre estes 50 anos de historia do noso colexio. Sodes uns artistas!! Pronto descubriremos os deseños gañadores.
Un saúdo,
O Moucho
Ola rapazada!!
Como ben sabedes foron moitos, e de moita calidade, os traballos presentados ao Concurso de Ilustración para o fomento da lectura. Escoller non foi doado, pero aquí están os resultados:
Grazas a todos por participar.
Pronto subiremos un vídeo con todos os traballos presentados, así como as ilustracións premiadas.
Noraboa,
Saúdos,
O Moucho
Onte, 30 de xaneiro foi o Día da Ilustración. A biblioteca preparou unha completa exposición de carteis ilustrados para o fomento da lectura. Colocámolos nos corredores do colexio e ao longo de toda esta semana cada neno e nena fará o seu propio cartel para fomentar a lectura.
Con todos os vosos traballamos faremos unha nova exposición!!
Un saúdo