miércoles, 31 de mayo de 2023

Lembranzas do Coutada

   A semana pasada tivemos a sorte de contar co avó (Argimiro) e a nai (María) de Jana, Oliver e Asier. Os dous compartiron con nós as súas lembranzas do colexio, xa que foron alumnos do mesmo en dúas etapas diferentes da historia do noso centro. 

É moi bonito escoitar as aventuras, anécdotas, os cambios... que viviron outras persoas que pasaron polo cole, porque ao longo deste 50 anos foron moitos os cambios e emocións vividas neste centro.

Compartiremos o vídeo con vós durante as xornadas especiais que faremos para celebrar este 50 aniversario do centro

O noso agradecemento a María e Argimiro por compartir un pedaciño das súas vivencias.

Un saúdo,

O Moucho 






lunes, 29 de mayo de 2023

jueves, 25 de mayo de 2023

Visita dun antigo alumno

   Onte os nenos e nenas de 1º e 2º tiveron a sorte de contar cun antigo alumno do centro que lles ensinou as diferentes partes das que está composto un traxe tradicional galego. Outra forma de coñecer máis sobre a nosa cultura.








 

lunes, 22 de mayo de 2023

"As familias tamén contan..." coa nai de Lola

    A semana pasada tivemos a sorte de contar coa nai de Lola (6º de EI) dentro do programa de Lectura e Familias para contarnos dúas historias: "O paraugas de cebra" e "Neste conto non hai ningún lobo feroz".

Agradecemos moito a Andrea (nai de Lola) a súa colaboración.



Un saúdo,

O Moucho
 

 

domingo, 21 de mayo de 2023

Vive a Biblio en familia con Damián Alonso

 Que boa tarde pasamos este martes no obradoiro de Damián Alonso (Sólovoz): Vive a biblio en familia!! Entre risas aprendimos como darlle vida aos relatos e textos que empregamos cada día.

Unha nova proposta dentro do programa de Lectura e Familias que nos gustou tanto que temos pensado repetir de cara ao vindeiro curso.
















       Moitas grazas Damián polo teu sentido do humor e saber facer,

Un saúdo,

   O Moucho

viernes, 19 de mayo de 2023

Instrumentos musicais con material de refugallo

   Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º crearon instrumentos musicais con material de refugallo. Todo un exemplo de ceatividade!

Noraboa!

 













 

miércoles, 17 de mayo de 2023

Nós berramos en GALEGO!!

   Os nenos e nenas de infantil téñeno ben claro...Eles/as berran en GALEGO!!







FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!

Un saúdo,

O Equipo de Biblioteca