domingo, 28 de marzo de 2021

Máis árbores, máis poesía

 Ola nenos, nenas, familias

Deixámosvos máis fotografías da actividade que fixemos esta semana polo Día da Árbore e o Día da Poesía, dúas conmemoracións que comparten data (21 de marzo).







   O libro do que gozou todo o alumnado foi o álbum ilustrado de Rodrigo Mattiolo: “Un árbol”, de Ediciones Apila.

  Mattioli presétanos una historia chea de vida. Alina decide plantar unha árbore… e todo comeza a cambiar. A natureza, de novo, ábrese paso transformando todo e traendo vida e cor a todo o que nos rodea. Unha historia divertida para os máis pequenos da casa, porque é unha historia para “contar”… contar cantas follas nacen, cantas ramas comezan a asomar, cantos animais aparecen, cantos, cantas

   E xa para rematar, non podemos deixar de recomendar outras historias que nos falan da gran importancia que as árbores, e todas as formas de vida que acobillan entre as súas ramas, teñen para o noso planeta.


 

viernes, 26 de marzo de 2021

Recomendacións sobre ÁRBORES

Despois dunha experiencia tan bonita coma a de onte, queremos recordarvos que na biblioteca tendes a vosa disposición varios libros sobre a temática das árbores e do medio ambiente.

Deixámosvos aquí tres recomendacións moi especiais:

 “Árboles” de Piotr Socha e Wojciech Grajkowski, da sempre interesante editorial Maeva Young

    Un libro en gran formato, cuns contidos moi interesantes e unhas fermosas ilustracións. Poderás decubrir moitas cousas sobre as árbores: por que hai árbores sagradas, os habitantes das árbores, camuflaxe, os bosques nas lendas, como contruir unha casa nunha árbore e moito máis. Un imprescindible en calquera biblioteca.

 

O Carballo” de Calros Silvar, Baía Edicións

   O Carballo, un fermoso libro sobre unha árbore característica da nosa terra, no que se nos explica como é a súa vida e as relacións cos demais seres vivos do seu ecosistema. E ollo, porque tamén non fala dos seus grandes inimigos: as persoas.

 

El jardín curioso” de Peter Brown, Takatuka.

   Unha bonita historia cunhas fermosísimas ilustracións. Liam, un neno moi curioso descubre un pequeno xardín en apuros no medio dunha cidade monótona, gris, e chea de polución. Liam toma unha decisión: axudar a crecer ás pequenas plantas que atopa. Pero o neno non imaxina o que acontecerá… porque con tempo e coidados a natureza pode abrirse paso e facer do mundo un lugar mellor e máis agradable. 



jueves, 25 de marzo de 2021

Árbores e poesía, unha combinación perfecta

 Hoxe conmemoramos o Día da Árbore (que tivo lugar o pasado 21 de marzo), e o fixemos da mellor forma posible: plantando dúas novas árbores nos xardíns do cole

 Ademais, aproveitamos esta celebración para facer entrega dos agasallos do Día da Poesía (21 de marzo).

 Todo o alumnado levou para casa o seu chaveiro co poema de Manuel MaríaAs árbores de cidade” (do libro “As rúas do vento ceibe”). E por suposto, todas as familias que participaron na actividade proposta pola biblioteca tamén recibirán o seu chaveiro co codigoQR para escoitar diversos poemas na voz dos seus fillos.





    Neste sentido, queremos salientar a gran participación das familias nesta actividade, e agradecervos coma sempre a vosa colaboración. 

Moitísimas grazas!!

 

Mañá publicaremos máis imaxes 

deste fantástico día.

Un saúdo, e de novo: grazas a todos e todas! 



domingo, 21 de marzo de 2021

Día da Poesía, recomendacións

    Hoxe, 21 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Poesía e queremos celebrala léndoa e recomendando algúns títulos imprescindibles

 


   E por suposto, convidámosvos a ler e escribir poesía tal e como fai Baldo Ramos no seu libro "Porque te quero" (Editorial Galaxia)

 Le este libro durante
6 días, 6 horas e 66 minutos
Escolle de cada poema unha palabra.
Reméxeas con maña e forza:
a poesía éche o que ten.
Méteas no peto
da túa chaqueta reversible
outros 6 días, 6 horas e 66 minutos.
Nese momento exacto
sentirás que se entenden.
Que teñen vida propia
e que saben convivir.
Entón é o momento
de sacar o poema a pacer.
Compartilo cos que te queren.
escribir é sempre un xeito
de agradecer que nos queiran.


 

domingo, 14 de marzo de 2021

14 de marzo: Día Internacional das Matemáticas

    Hoxe é un día moi especial para a Ciencia. A UNESCO proclamou o 14 de marzo de cada ano como o Día Internacional das Matemáticas, facendoo coincidir co día no que se celebraba nalgúns países o Día de Pi

Celébrase un 14 de marzo porque o número pi equivale aproximadamente a 3,14; e 14/3 é como se escribe en moitos países esta data do 14 de marzo (14 do 3).

 Ademais, dase a curiosidade de que un 14 de marzo morreu Stephen Hawking, un xenio no ámbito das matemáticas, pero... un 14 de marzo tamén tivo lugar o nacemento de Albert Einstein, outro gran xenio. Ambolos dous faleceron con 76 anos.

 O mundo das matemáticas está cheo de curiosidades e enigmas, e nunca é tarde para coñecelos… Adentrádevos no maravilloso mundo das matemáticas cos libros e xogos que vos recomendamos.




 




viernes, 12 de marzo de 2021

Temos novo buzón!

Ola nenas e nenos,

a biblio xa ten un novo buzón para facilitarvos a devolución dos libros e continuar coas medidas de seguridade adoptadas dende o inicio do curso.

A partir de agora xa podedes realizar as vosas devolucións cando queirades. 

Esperamos que vos guste e agradecemos todas as vosas aportacións e suxestións

Saúdos


lunes, 8 de marzo de 2021

8M: Unha pulseira, unha muller

Hoxe, día 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. Os nenos e nenas do cole recolleron as historias das mulleres importantes das súas familias. Grazas as historias destas mulleres podemos realizar unha exposición adicada a elas.

Grazas a todas elas pola súa loita incansable,

 












lunes, 1 de marzo de 2021

Biblioteca creativa: materiais de refugallo

 Estimadas familias,

   Esta semana recibistes unha nota informativa explicándovos o novo modelo de biblioteca hacia o que queremos e debemos avanzar.

   Como vos comentabamos na nota a vosa axuda e participación é un elemento imprescindible para avanzar hacia este modelo de Biblioteca Creativa. Nesa nota pediámosvos unha serie de materiais de refugallo, sempre na medida das vosas posibilidades, como complemento aos materiais e recursos que xa mercamos dende a Biblioteca.

   Deixámosvos unhas imaxes a modo de exemplo dalgún dos materiais que vos comentamos na nota e que poden ser de utilidade:












Coma sempre, moitas grazas pola vosa colaboración

    Premendo na seguinte imaxe poderedes descargar a nota completa que vos enviamos.