Novembro, o Mes da Ciencia na Biblioteca Escolar, chega ao seu fin; e así, moitas actividades que fixemos ao longo deste mes: os chanzos da ciencia, caixas científicas para as aulas de primaria, experimentos, inauguración da aula STEAM, a Ciencia na Prensa, etc. Todo un mes de traballo, pero recordade que a CIENCIA acompañarános durante todo o curso xa que un dos eixos vertebradores do proxecto anual.
martes, 30 de noviembre de 2021
miércoles, 10 de noviembre de 2021
Inauguramos a aula Steam: o Steamclub
O pasado venres foi un día moi especial, pois despois de moito traballo todo o alumnado de infantil e primaria puideron visitar o noso Steamclub e realizar as primeiras tarefas.
Os nenos e nenas quedaron encantados, tanto os pequenos como os máis maiores. Todos están preparados para comezar a traballar neste novo proxecto do centro. E nós, o profesorado xa temos listas moitas ideas, retos e actividades. Así que permanecede ben atentos, pois temos por diante un ano para buscar, investigar, manipular, construir e, moi especialmente, CREAR.
martes, 2 de noviembre de 2021
As mochilas viaxeiras inician a súa viaxe
Este curso retomamos unha actividade habitual da nosa biblioteca, as mochilas viaxeiras, con algunhas novidades nos materiais. Este ano centrámonos no proxecto do centro, "STEAM: crear para aprender".
Agardamos que vos gusten os materiais que preparamos, e lembrade que esperamos as vosas opinións nos cadernos viaxeiros.
Iniciemos a viaxe.
Celebrando o Magostín!!!
O ano pasado a pandemia non nos permitiu facer ningún tipo de celebración. Pero este curso, por fin puidemos celebrar o MAGOSTÍN (Magosto + Samaín).
Un cole engalanado pola ANPA para a ocasión, cabazas, disfraces, castañas... Como xa dixemos, este será un curso con moitas novidades. Un ano máis sorprendémonos coa vosa creatividade.
GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!
Deixámosvos o vídeo resume elaborado pola mestra Raquel:
Hoxe non puidemos subir á biblioteca pero mañá retomamos a formación de usuarios...
... e o venres... o venres será outro día moi especial. Estade ben atentos a este vídeo: