martes, 23 de mayo de 2017

Carlos Casares na biblioteca

Pola celebración do Día das Letras Galegas, que ademais foi en honra do escritor Carlos Casares temos dende varias semanas un stand con libros para nenos de este autor.
Os nenos disfrutan lendo e coñecendo a nosa lingua e polo tanto a nosa  identidade.





miércoles, 3 de mayo de 2017

Semana do Libro

A última semana de Abril estivemos a celebrar O Día do Libro (23 de abril). Durante dita semana disfrutamos dun dos maiores divertimentos dende o invento da escritura. Todo o mundo estará dacordo en que ler é moi beneficioso en moitos aspectos.
Para as actividades desta celebración tivemos a posibilidade de colaborar todos, tanto mestres e nenos coma as familias, e só se pode dicir que foi todo un exitazo.

Durante o tempo de lecer de todos os días da semana,  tiñamos a posibilidade de ter uns expositores con libros no patio para que os rapaces e mestres que quixeran, poideran pasar o tempo lendo. A isto lle chamamos O BIBLIOPATIO.































No tempo de lectura que temos despois do lecer, unhas nais prepararon con moito amor uns contos para contarlles ao alumnado do centro. A estas nais darlles o noso agradecemento de todo corazón.
Os cativos quedaron entusiasmados e os mestres case tanto coma eles. Fixérono fenomenal!!
































Os contos potencian a nosa imaxinación e creatividade. Colocamos un mural co título "UN LIBRO QUE ME ENCANTOU" no cal todos os nenos e nenas de todas as clases puideron plasmar da forma que desexaran o seu conto favorito. E como non... Quedou precioso!

































O Xoves desa semana fixemos o apadrinamento lector que consistía en que os alumnos dos cursos altos (4º,5º,6º) apadrinaran aos máis cativos para lerlles no recinto da escola o conto que quixeran. Disfrutaron moito da compañía de todos eles en todo ese tempo.






























Por último, pero non menos importante, foron otorgados os premios dos poemas que elaboraran os rapaces e rapazas de forma libre no Día da Poesía. Foi moi difícil a decisión pero alguén tiña que levar o premio. Os premiados foron:

Paula (1ºA)
Ángel (2º)
Cristian (3ºA)
Andrés (4º)
Estrella Porto (4º)
Marta (5ºB)
Shamina (6ºA)
NORABOA A TODOS!