No ano 2015, a ONU (Organización de Nacións Unidas) xunto con todos os estados que forman parte desta organización, firmaron a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, cun lema en común:
“non deixar a ninguén atrás”
Esta Axenda ten como obxectivo erradicar a pobreza, protexer o medio ambiente e diminuír a desigualdade.
Creáronse así 17 ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) para que este pacto creado hai case unha década se logre na súa totalidade.
Sen embargo, é algo moi complexo que en todas as partes do mundo se logren os 17 ODS. Por esta razón pídese axuda a todas as comunidades, institucións e persoas, para que poidamos facer do noso mundo un lugar mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario