A semana pasada comezamos cun ciclo de lecturas compartidas, no que os nenos e nenas dos cursos superiores preparan un conto para contarlles aos máis pequenos.
Grazas a todos/as por participar!
Un saúdo
A semana pasada comezamos cun ciclo de lecturas compartidas, no que os nenos e nenas dos cursos superiores preparan un conto para contarlles aos máis pequenos.
Grazas a todos/as por participar!
Un saúdo
Onte, 30 de xaneiro foi o Día da Ilustración. A biblioteca preparou unha completa exposición de carteis ilustrados para o fomento da lectura. Colocámolos nos corredores do colexio e ao longo de toda esta semana cada neno e nena fará o seu propio cartel para fomentar a lectura.
Con todos os vosos traballamos faremos unha nova exposición!!
Un saúdo
Esta semana os nenos e nenas de 5 anos visitaron a Aula Steam para traballar con diversos materiais creativos e para aprender a utilizar o lápiz 3D... Toda unha experiencia!!
E-LBE.2 é un novo servizo que ofrecen as bibliotecas escolares dos centros educativos galegos de titularidade da Consellería, integrados no PLAMBE. Trátase dunha plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais que enriquece as coleccións das bibliotecas escolares cun volume de miles de títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné de usuarios das bibliotecas escolares.
Estos días chegaravos as vosos fogares o identificador e contrasinal do voso fillo/a. O primeiro que tendes que facer é acceder á plataforma con eses datos e reenviaravos a outra páxina para que modifiquedes o contrasinal ao voso gusto. O identificador continuará a ser o mesmo (PEC093- seguido dun número).
PASOS A SEGUIR A PRIMEIRA VEZ:
Podedes acceder á plataforma premendo no seguinte enlace:
1º.- Premer en IDENTIFICARSE
atoparémonos coa seguinte pantalla:
2º.- Introduciremos o identificador e contrasinal enviados polo centro
3º.- Prememos en "ir ao sitio web" e levaranos a seguinte pantalla, na que debemos introducir os datos solicitados e modificar o contrasinal.
4º.- Unha vez introducidos todos os datos xa podemos comezar a disfrutar da plataforma E-LBE2.
Esperamos que a plataforma sexa do voso interese. Pronto facilitaremos máis información sobre a súa utilización e todo o partido que podemos quitarlle.
Un saúdo,
O Equipo de biblioteca
Ola a todos,
Seguro que estabades desexando ler os relatos gañadores do concurso sobre a historia do moucho. Pois aquí están:
O relato gañador de Gael Morgade (3º)
Os relatos finalistas de Yanira Meseguer (4º) e Manu Tojo (4º)
O relato con mención especial pola súa presentación, o de Mateo Tojo (4º)
Moitas grazas por participar,
Un saúdo