lunes, 26 de diciembre de 2022

Vídeo: Obradoiros de Nadal

 Outro ano máis levamos a cabo os Obradoiros de Nadal, unha serie de propostas creativas e manipulativas en torno ao Nadal. A punto estivemos de non poder celebralos, pero ahí estaban os nenos e nenas de 5º, dispostos a botar unha man. Moitas grazas rapaces e rapazas!!!!


Un bo Nadal para todos, felices festas!

O Moucho

martes, 20 de diciembre de 2022

GUÍAS DE LECTURA PARA O NADAL

 Xa están aquí as guías de lectura para este Nadal, cheas de novidades interesantes e unha recomendación para as familias



 




 

 
 


 

Esperamos que vos sexan de interese e de axuda para este Nadal,

Un saúdo e FELICES FESTAS!!!!!

O Moucho

lunes, 19 de diciembre de 2022

Venres creativo: obradoiro de decoración de Nadal

 O pasado venres, 16 de decembro, tivo lugar na biblioteca o obradoiro de decoración do Nadal. Queremos que vos sigades animando a participar destas propostas e, por suposto, que aportedes as vosas ideas. 

Xa estamos organizando os obradoiros do 2º trimestre, máis e mellor.










 Grazas por partipicar,

O Moucho

domingo, 11 de diciembre de 2022

Noovo obradoiro creativo para o venres

 Ola nenas e nenos,

este venres 16 de decembro temos un novo obradoiro creativo na biblio. 

Non vos esquezades de anotarvos!!!!!

Un saúdo


 

lunes, 5 de diciembre de 2022

Novo concurso: "A historia do moucho da biblio"

 Dende hai anos na biblio habita un moucho, todos sabemos que é a mascota da biblio pero non coñecemos nada máis sobre este curioso animal. Como se chama? Onde naceu? Que fai na nosa biblioteca?

Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º escollerán o nome do moucho, e vós, os maiores inventaredes a súa historia, a historia do moucho que un día decidiu quedarse na nosa biblioteca.

Esperamos os vosos relatos,

Un saúdo do Moucho

Traballando coa información

 Os nenos e nenas de Educación Infantil comezaron a facer os seus primeiros traballos de investigación. Cada un tivo que traballar sobre un animal diferente da Ría de Vigo, buscar información, colocala nunha cartolina e presentala aos compañeiros. Todos uns investigadores!!!















Un saúdo do Moucho


viernes, 2 de diciembre de 2022

Novidades de decembro

  Xa están aquí as novidades de decembro. Pronto teredes unhas guías completas para este Nadal.