Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VÍDEO. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de junio de 2026

A VOLTA AO MUNDO:"ROTEIRO POLAS MARAVIILLAS DO MUNDO"

 A VOLTA AO MUNDO:

"ROTEIRO POLAS MARAVIILLAS DO MUNDO"

SITUACIÓN DE APRENDIZAXE NO ÁMBITO SOCIAL- NATURAL

- Vídeo sobre a realización da aprendizaxe desenvolvida polo alumnado de 4º, 5º e 6º no ámbito social- natural

- Documental " ROTEIRO POLAS 7 MARABILLAS DO MUNDO"

Tarefa levada a cabo no ámbito social- natural polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Por aquí vos mostramos...atentos!













Desexamos que vos guste tanto como a nós!

sábado, 30 de mayo de 2026

MÚSICA, RISAS E HISTORIAS EN FAMIA CON MIGALLAS!

 Música, risas e historias en familia con Migallas Teatro!

Ola, familias de Biblio Moucho!
No marco do noso programa Lectura e Familias, tivemos a gran sorte de desfrutar no colexio dunha mañá máis que especial. Visitounos o xenial equipo de Migallas Teatro para ofrecer un contacontos inesquecible que encheu o noso espazo de maxia, ritmo e moita diversión.








































jueves, 14 de mayo de 2026

MAIOS 2026

 Damos a benvida á primavera enchendo a biblioteca de flores, coplas e moita tradición. Este ano celebramos Os Maios cunha actividade moi especial onde a música, a creatividade e o traballo en equipo foron os grandes protagonistas. Queredes ver como cobraron vida as nosas creacións e como cantamos


?

jueves, 30 de abril de 2026

RADIO LARETAS EN MARCHA!

 RADIO Laretas en marcha! Obradoiro de radio escolar con Gabriel Paz

Esta semana o noso centro encheuse de ondas, micros e moita ilusión. O luns e o martes o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria participou nunha formación moi especial de radio escolar. Esta actividade estivo guiada polo gran profesional Gabriel Paz, quen espertou a curiosidade xornalística de todos os nenos e nenas.
Durante estas dúas xornadas intensas os nosos alumnos e alumnas aprenderon os segredos que se agochan detrás dos micrófonos. Coñeceron como se estrutura un programa, como usar a voz para comunicar emocións e o manexo técnico básico para facer grabaciones de calidade. O mellor de todo foi velos traballar en equipo, repartir roles e perder o medo a falar en público mentres deixaban voar a súa creatividade.
Grazas a esta formación a nosa querida Radio Laretas prepárase para unha nova etapa chea de contidos interesantes, entrevistas e moito talento. Estamos desexando que escoitedes as primeiras pezas que están a preparar estes futuros xornalistas.
Queremos dar as grazas a Gabriel Paz pola súa paciencia, pola súa enerxía e por transmitir con tanto agarimo a súa paixón polo mundo radiofónico. Parabéns tamén a todo o alumnado participante polo seu esforzo e bo facer durante estes dous días.





















miércoles, 29 de abril de 2026

martes, 20 de mayo de 2025

XORNADAS DE XOGOS LÓXICO- MATEMÁTICOS

 O  luns 19 de maio levamos a cabo a I Xornada de Xogos Lóxico- Matemáticos no centro. O alumnado de 3º e 4º de Educación primaria preparou xogos para os máis pequerrechos do centro.

 Xogaron xuntos e pasárono xenial.