lunes, 31 de mayo de 2021

OS MAIOS NO COUTADA

   Coma todos os anos, aunque nesta ocasión dunha forma diferente por motivos de seguridade, celebramos a festa dos Maios no colexio. Cada grupo elaborou o seu particular "maio" e engalanamos o centro con todos eles.

Podedes ver unha pequena mostra no seguinte vídeo:

 

 Grazas a todos por colaborar






jueves, 20 de mayo de 2021

Día Mundial da Abella, un día a ter en conta

 Ola nenos e nenas,

Sabedes que hoxe, 20 de maio, é o Día Mundial das Abellas? Seguramente vos preguntedes por que… pois a resposta é moi sinxela. Estes pequenos animais son imprescindibles para o noso planeta. Parece algo difícil de crer, que un animal tan pequeno poida ter tanta importancia, pero así é… as abellas axudan a manter a biodiversidade e axudan a previr riscos ambientais. Por esta razón, e dende o ano 2018, dedícase o 20 de maio a lembrar a importancia da abella, xa que a nosa supervivencia depende desta especie.

   Na biblioteca contamos con varios libros sobre as abellas, pero hai dous moi especiais e interesantes que queremos recomendarvos, así como unha película divertidísima e coa que aprenderedes moitísimas cousas sobre as abellas.

Pero hai moitos máis:

   Ademais, tamén queremos recordar que todo o mundo pode participar neste día realizando sinxelas accións que poden axudar moito ás nosas amigas as abellas. Aquí van algunhas ideas:

1. Poñer plantas que lle gusten ás abellas nos balcóns, terrazas e hortas; comprar mel e produtos apícolas locais.

2. Colocar "hoteis de insectos", onde poden vivir abellas solitarias e outros insectos.

3. Conservar as flores e non cortalas antes de que as abellas as aproveiten.

4. Evitar o uso de sustancias tóxicas para os insectos e mercar alimentos que non as utilicen.

 

Todos xuntos podemos axudar.

Premede na imaxe para máis información

 


miércoles, 19 de mayo de 2021

"Cómo se hace un museo"

 Aproveitando un día coma hoxe, Gael (da clase de 3 anos) quere recomendarvos un libro moi interesante. Un álbum marabilloso, tanto para pequenos como para maiores, porque da resposta a unha gran cantidade de preguntas relacionadas cos museos, e que seguramente non coñeciamos:

Para que serven?

Cando se crearon?

Quen traballa nun museo?

e moitas máis 


Titúlase "Cómo se hace un museo", de Nórdica Infantil. Un imprescindible en calquera biblioteca.











Esperamos que vos guste. A nós encantounos 💓

martes, 18 de mayo de 2021

18 de maio.- Día internacional dos MUSEOS

 O obxectivo dun día coma hoxe, Día Internacional dos Museos (18 de maio), é concienciar sobre a importancia dos museos como medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión, da colaboración e da paz entre os pobos.

Visitáchedes algunha vez un museo? Que vos pareceu? 
Temos a sorte de vivir nun país cunha gran riqueza cultural e con moitos museos que visitar. Incluso na nosa cidade temos algún ben interesante. Animádevos a visitar un museo, non ten porque ser un 18 de maio... calquera día e bo día para unha visita ó museo.
 
Aquí tendes algúns dos máis coñecidos... e sen sair da casa
Coma sempre, recomendámosvos algúns libros que tratan sobre este tema.



Esperamos que vos gusten,
Saúdos




miércoles, 5 de mayo de 2021

Picnic Literario 2021

    Este ano decidimos conmemorar o Día do Libro dunha forma moi especial, celebrando o noso primeiro picnic con libros. Tivemos que agardar algúns días para celebralo nas fermosas zonas verdes do noso centro, xa que ese día 23 de abril o tempo meteorolóxico non quixo acompañarnos, pero a espera valeu a pena.

 

Grazas a todos e todas por colaborar!

domingo, 2 de mayo de 2021

Día da NAI con libros e poesía

   Hoxe é un día moi especial, o Día da Nai. Unha única palabra, NAI, para falar de amor, de tenrura, de vínculos, de necesidade, de seguridade, de espera e, as veces, de ausencia.

   Existen tantos tipos de nai como tipos de nenos e nenas. Incluso dentro dunha mesma nai pode haber nais diferentes, pero todas elas conservan esa relación tan especial que existe entre un neno ou nena e a súa nai.

   Son moitos os libros que se centran na fermosa relación entre as nais e os seus fillos; algúns dirixidos aos máis cativos e outros, tamén moi fermosos, dirixidos especialmente ás nais. Deixámosvos aquí mostras dos dous tipos de libros. Libros para ver, ler, compartir e emocionarse.



   Tamén vos deixamos un pequeño recitado dos nenos e nenas de 4 anos para todas as nais. Como non podería ser doutra maneira, as palabras son as da nosa Rosalía de Castro. Agardamos que vos guste,

Saúdos