Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca CREATIVA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca CREATIVA. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2026

XII CERTAME DE RELATO CURTO

 XII CERTAME DE RELATO CURTO


Estamos de noraboa en Biblio Moucho! O talento, a imaxinación e a calidade literaria do noso alumnado volven dar grandes froitos, esta vez no ámbito autonómico.
Temos o orgullo de anunciar que tres alumnos de Educación Primaria do CEIP Coutada Beade resultaron finalistas no prestixioso XII Certame de Relato Curto, organizado pola Federación de ANPAS (FANPA). Eles son Xoel, Gael e Jana, tres novos talentos que demostraron unha sensibilidade e unha creatividade excepcionais á hora de crear historias.
Este gran recoñecemento non é casualidade. No centro contamos cun Clube de Escritura Creativa, un espazo onde semana a semana estimulamos a imaxinación, xogamos coas palabras e axudamos a que o alumnado perda o medo á folla en branco. Ver a Xoel, Gael e Jana entre os premiados é o mellor impulso para seguir escribindo, creando e soñando xuntos na nosa biblioteca.












sábado, 30 de mayo de 2026

MÚSICA, RISAS E HISTORIAS EN FAMIA CON MIGALLAS!

 Música, risas e historias en familia con Migallas Teatro!

Ola, familias de Biblio Moucho!
No marco do noso programa Lectura e Familias, tivemos a gran sorte de desfrutar no colexio dunha mañá máis que especial. Visitounos o xenial equipo de Migallas Teatro para ofrecer un contacontos inesquecible que encheu o noso espazo de maxia, ritmo e moita diversión.








































viernes, 8 de mayo de 2026

XORNADAS DE XOGOS LÓXICO- MATEMÁTICOS

 Xogando entre números e sorrisos

Hoxe a nosa biblioteca e as aulas de Infantil enchéronse de maxia, pero non da dos contos, senón da maxia dos números. O alumnado de 3º de Primaria converteuse, por un día, en mestres e mestras de luxo para os máis cativos e cativas do cole.
Nesta xornada de convivencia, os maiores ensináronlles aos de Infantil diferentes xogos lóxico-matemáticos que eles mesmos prepararon.y
Por aquí vos deixamon unha mostra da activiodade.